12/18/2015

Ata o ano que vén

Despedimos o trimestre e o ano 2015... co mural de Nadal para o concurso do Concello e co almanaque de 2016. A nosa clase é o mes de novembro ... e o fixemos co cadro de Joan Miró "Azul II".
Bo Nadal !!!... e moitas grazas ás familias pola súa colaboración.


12/11/2015

Obradoiro pintura: Emérita Méndez

Este venres estivo na clase a pintora lucense Emérita Méndez. Ela vive en Cambados hai mooooitos anos.
Fixemos con ela unha actividade diferente... e moi divertida: un collage.
Con cachos das nosas caras ... montamos outras caras ... algunhas tiñan dúas bocas ... 4 ollos  .... o queixo enriba dos ollos. Nós xa pensabamos que cando o viran na casa non nos ían coñecer... non, non... claro que non. !!!
Cando rematamos, montamos outro collage con metades das caras para faceren outra diferente...
vaia lío tan divertido !!!
Esperamos que Emérita poida vir outro venres a traballar con nós. É unha persoa moi alegre... e xa nos coñece.







12/03/2015

Aniversarios en 4 anos !!!!

Hoxe celebramos os aniversarios do 1º trimestre deste curso na nos a clase.
Sopraron as candeas Lucas, Omar, Arón, Jara, Hugo, Rafael, Elena, Noel, Iria e Nicolás.
Xa temos tod@s 4 anos !!!!


11/27/2015

Obradoiro pintura: "Xardín" Joan Miró

Comezamos a traballar outro pintor... Joan Miró.
Esta semana falamos das cores de Miró, as 6 que sempre empregaba nos seus cadros:  vermella, amarela, azul, verde, negra e branca.
Empregaba moitas formas xeométricas que nós xa coñecemos... e tamén lle gustaba pintar animais nos seus cadros: paxaros, galos, peixes, insectos...
Fixémolo moi despaciño... eran moitas cores e o cadro un pouco difícil: "Xardín" !!!






11/24/2015

Reunión de setembro, aula de 5 anos


Neste curso, como sabedes, as titoras de Infantil fixemos a reunión de setembro aportando un ‘power point’. No caso deste aula se vos amosaba os obxectivos a acadar, as tarefas cotiás, a explicación de diferentes actividades e diversos consellos para as familias.

Moitas grazas pola colaboración!!







11/20/2015

Contacontos: Elmer

Hoxe estiveron no cole algunhas nais... a contarmos o conto de Elmer.
Estivemos tod@s @s alumn@s de infantil na aula de música...
Este conto gústanos moito a nós. Rematamos a sesión con bicos e abrazos... Mirade !!!!




Aprendemos matemáticas con abn

Levamos estes meses a traballar os números e as matemáticas co cálculo abn. 
Empregamos os dados, contamos, facemos series, facemos emparellamentos, equivalencias, asociacións, contamos cara diante e cara atrás na recta numérica...
Facémolo manipulando diferentes materiais e variando as actividades... ás veces no chan e outras nas mesas ou no recanto.
Para contar cara atrás @ encargadill@ pon o casco de astronauta e... a contar... 10..9..8..7... dependendo do día do mes que sexa...
Tamén aprendemos outros conceptos matemáticos con outras actividades.... xeoplanos, pinchos, figuras xeométricas.... Mirade como o facemos...!!!
Xa vos iremos contando máis cousas ...







11/17/2015

Reunión de setembro 3 anos

Este ano, fixemos a reunión coas familias empregando un 'power point' con imaxes de cómo será o curso, o horario que seguiremos, qué traballaremos, a qué daremos máis importancia, peticións e consellos... Quedará na pestana de FAMILIAS do blog para que a consultedes cando queirades.
Moitas grazas pola colaboración!!





11/13/2015

Obradoiro pintura: "Bodegón" Pablo Picasso

Este venres estivemos a facer "Bodegón"... de Pablo Picasso.
Falamos primeiro de que é un bodegón e observamos o cadro que pintara Picasso... as cores que utilizou... como colocou os obxectos...
Logo falamos tamén de Picasso e estivemos a ver outros cadros que pintou.
Fixémolo con témpera .... así.



11/10/2015

Comendo castañas

Hoxe a festa do magosto foi un día moi especial. Tivemos invitad@s.....@s nen@s de Xil e a súa mestra Isabel.  Este ano non fixemos o mesmo circuíto de xogos que tiñamos feito outros cursos. 
Tiñamos un montón de xogos populares e moi divertiiiidos !!! : 
loita de sacos, equilibrio, carreira de tartarugas, paseo en carretilla, puntería lanzando bolas e aros....  Algúns eran para os maiores ... pero nós xogamos a moitas cousas diferentes... e os profes... e as mamás... e os papás... e os avós....
Sabedes???.... o papá de Iria e Nicolás asa moi ben as castañas. 
Pasámolo requeterrequete ben !!!



11/07/2015

'Xornada de portas abertas' no patio de Infantil

Un venres, as profes que estaban no patio de Infantil, deixaron pasar aos nenos e nenas de Primaria que tiñan irmáns, irmás, curmáns, amig@s, veciñ@s, coñecid@s... e é que sempre se apiñan na porta para velos! Agora, sempre queren repetir a visita... pero o patio de Infantil xa é pequeno para os peques, como para que caiban máis...
Tomaremos nota das peticións e organizaremos máis 'patios compartidos', non vos preocupedes!!!
Mirade unha mostra do éxito da Xornada:











11/06/2015

Obradoiro: pintura ("bolas e bolas")

Hoxe no obradoiro de pintura tivemos que pintar bolas de diferentes tamaños e e distintas cores.
Non foi nada fácil de facer... parece que o pincel corre solo... vaise por fóra...e ás veces mestúranse as cores uffff sen permiso!!!!
Di a profe que suxeitemos ben o pincel e que o movamos suavemente... "o pincel non é unha fregona, chic@s"
Aínda que foi un pouco difícil... divertímonos moito... Mirade que  ben quedaron.!!!




10/29/2015

Samaín

Levamos toda a semana a traballar o meeeedo !!!! ...e hoxe por fin chegou día. A profe pintounos unha cara terrorífica a tod@s nós. Non sabemos se cando cheguemos a casa nos van coñeceeeeer.
Trouxemos as cabazas decoradas e logo as levamos a aula de música. 
Aroa... unha nena de 6º, contounos o conto "Un pesadelo no meu armario". 
Despois marchamos todos ao pabellón a compartir os doces que trouxemos. A familia de Lara trouxo pantasmas de galleta para todos nós e para os profes.
Rematamos o día cunha cantiga.
Moitas grazas ás familias pola colaboración !!!






10/23/2015

"O berro"

Este curso o tema proposto pola Biblioteca do cole é a pintura. Para o mes de outubro "Coviña" convidounos a traballar o famoso cadro de Edvar Munch... "O berro". As familias colaboraron con fotos mooooi berronas.
Na nosa clase tamén traballamos o cadro, primeiro individualmente e logo facendo un mural entre tod@s... e quedounos así !!!!.
En 4 anos... sabemos berrar mooooi beeeeen !!!!



10/14/2015

Outono.

Estivemos no xardín do cole hai uns días para recoller follas secas, landras, paliños... porque temos  na clase un recanto para o outono. 
Da casa trouxemos tamén moitas cousas... mazás, castañas, noces, millo, granada, marmelo...
e unha cabaza da profe cheeeeea de chocolatinas e caveiras de caramelo. 
mmmmm !!!! que ricas están !!!


10/12/2015

Periodo de Adaptación superado

Os nenos e nenas de 3 anos empezaron a vir pouco a pouco, en dous grupos, e pouco tempo (ás veces querían quedar máis, ás veces marchar antes...)
Xogamos, fixemos xogos de presentación, saímos ao patio a xogar coas carretas, pintamos, contamos contos... rimos e tamén houbo algunha bágoa... Pero ao final, pasámolo xenial!!
E agora, xa totalmente adaptados, queremos aprender, xogar cos compañeiros e cos nen@s maiores, estar cos profes de Música (Alberto), de Psicomotricidade (Lidia), de Relixión (Lourdes), de Inglés (Inés)... coa profe Raquel, a profe Pili.... e compartir no blog o que fagamos durante o curso.... 
Vémonos!!


























Comezamos....benvida aos nen@s de 3 anos!





Coviña ... petou na porta.

Hoxe escoitamos petar moi forte na porta da clase... e levamos un susto. A "encargadilla" era Alba... e como é moi valente... foi abrir.
Atopou unha caixa ... e dentro da caixa un libro de pintura e unha carta de Coviña que explicaba  as propostas deste curso desde a Biblioteca.



10/09/2015

Obraoiro: experimento con azul, vermello, amarelo.

No obradoiro de hoxe fixemos un experimento.  En pratos cunha pouca auga, mesturamos as cores primarias: azul, amarela e vermella.
Fixemos diferentes mesturas para averiguar que cores podiamos conseguir... e levamos alguhas sorpresas. Agora sabemos como facer a cor laranxa, a cor verde ...
Despois pintamos con pincel ... así...



10/02/2015

Obradoiro: pintura (pelouros)

Hoxe, no obradoiro de pintura probamos unha técnica nova ... e moi divertida.
Manchamos uns pelouros de cristal con témpera de diferentes cores ... e puxémolos a bailar  nunha caixa con cartón branco. Siiiii... a bailar !!!
Invitamos á clase a@s chic@s de 5º para que nos axudaran... e bailaron tamén.
Os pelouros rodaban sobre o cartón e ... quedaron uns traballos ben bonitos ... mirade !!!


9/29/2015

....somos nós.

Medramos moito este verán... todos o din. Xa non somos os máis pequenos do cole.
Xa estamos aquí !!!



9/25/2015

Obradoiro: pintura "puntillismo".

Esta semana no obradoiro de pintura traballamos unha técnica diferente: puntillismo.
Consiste en rechear unha figura con puntiños, golpeando con suavidade o lápis ou rotulador.
Escollemos a "plantilla" dun cadro moi famoso "A Gioconda" de Leonardo da Vinci.
Nós preferimos chamala Monalisa... failles moita graza ese nome aos nen@s.
Gustounos moito como quedaron os traballos. Miraaaade !!!


9/18/2015

Obradoiro: pintura (mural).

Comezamos os obradoiros de pintura esta semana... 
Partimos do principio... "a Prehistoria"... e a mellor forma de empezar é cun conto: "Croniñón".
Gústanos moito este conto na clase !!! E gústanos temén pintar coma el.
Fixemos un mural entre tod@s. Que ben o pasamos manchando a nosa cova !!!



9/17/2015

Comezamos o curso 2015/16 ...en 4 anos

Este curso fixemos a reunión coas familias cunha presentación en imaxes para explicar como se vai desenvolver o horario lectivo, cales son as mestras e mestres que dan clase na nosa aula, as actividades que propoñemos nos obradoiros, as festas que imos celebrar no colexio, algúns dos temas que imos traballar cada trimestre... e uns consellos importantes nos que pedimos a vosa colaboración. Tamén podedes atopar esta presentación na pestana FAMILIAS.
Moitas grazas !!!

6/12/2015

Pizza para tod@s

Como xa sabedes este curso todas as aulas estivemos a traballar no horto. Hoxe recolléronse leitugas, acelgas e espinacas ... e con todo iso, atún, queixo e tomate fixemos pizzas para tod@s.
... mmmmm, que ricas estaban !!!


6/11/2015

Aniversarios en 3 anos

Hoxe celebramos os cumples deste trimestre. Fixemos una tarta que nos gusta moooooooito !!!
Sopraron as 4 candeas Candela, Yago, Daniel e Lara.
Parabéns a tod@s !!!


6/05/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Hoxe rematamos a cuarta e última ronda de experimentos.
O grupo D estivo formado por: Noel, Yago, Iria, Aarón, Vicky, Adriana, Carla, Natalia, Uxía, Manel, Carlos e Alba D.
Experimento 4: que alimentos se disolven na auga ?




6/01/2015

Na horta do cole...

Coa axuda da Profe Mila, tod@s os nenos do cole plantamos sementes na nosa horta. Uns plantaron leitugas; outros, fresas, plantas aromáticas, porros...
En Infantil eleximos plantar bulbos de flores (a ver se nacen antes de marchar de vacacións!!).
Para iso fixemos todo o proceso: mercar os bulbos, preparar a terra, abonala, plantalos, tapalos e.... esperar!! E de cando en vez ir regar!!
Mirade, mirade...

5/29/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana fixemos outro experimento co grupo D.
Experimento 3: que obxectos flotan na auga ?





5/22/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana fixemos outro experimento co grupo D.
Experimento 2: que bebidas deixan os dentes escuros?




5/15/2015

... nos muíños de Lores

Hoxe estivemos nos muíños de Lores. Fixemos o percorrido andando, da man dos chicos e chicas de 6º. Foi unha festa moi especial no que o máis importante era a participación de todo o cole,  xogar, merendar xuntos e cantar e bailar ao ritmo de Cé Orquestra ... e coa compañía das familias.
Pasámolo moi ben !!!





5/14/2015

Contos c@ amig@ da PAZ

Hoxe, para celebrar o Día das Letras Galegas, fixemos unha actividade conxunta no cole.
Fixemos un intercambio de contos, que consiste en ler ou contar un conto a nos@ amig@ da Paz.
Repartímonos emparellados polos distintos espazos do cole, do patio, do xardín , entre as árbores, buscando unha sombra, buscando silencio ... e a contar !!!


5/12/2015

Tickle, tickle...

Los jueves en la clase de inglés, antes de empezar, nos relajamos haciendo cosquillas....
Es muy divertido y... funciona!!! Después, ya estamos listos para atender y aprender!1
(Si queréis podéis practicar en casa). La letra es así:
Suben hormiguitas, guitas, guitas, guitas.
Suben elefantes, fantes, fantes, fantes.
Suben murciélagos, te chupan la sangre.
Suben murciélagos, te chupan la sangre.
Se abre una ventanita...y sientes un escalo...frío!!!!!













5/08/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana acompáñanos o grupo D, último equipo deste curso.
Experimento 1: que bebidas inchan a barriga? 



5/05/2015

Convivencia cos nen@s da gardería municipal

A semana pasada recibimos unha visita moi especial: os nenos e nenas (e as súas mestras) da gardería municipal viñeron pasar unha xornada con nós. E é que o ano que vén xa van ir ao cole 'dos maiores' e algúns e algunhas deles van vir ao noso!!!  Moit@s xa teñen aquí aos irmáns maiores, así que estaban dobremente content@s.
Merendaron con nós (repartidos nas tres aulas, xa que eran mooooitos!!!), fomos á aula de música co Profe Alberto, xogamos no patio tod@s xuntiños e para rematar contamos un contiño nas aulas.
Pasámolo mooooooi ben!!! E esperámolos outra vez moi pronto!!!






































4/29/2015

O Maio.

Hoxe descubrimos que sabemos coser ... aínda que o fío escápase pronto das agullas.
Esta é unha festa preciosa: o Maio.
Participamos todos, fixemos colares e pulseiras, decoramos o maio ... e sempre con música.
Vaia "festorra". Pasámolo requeterrequete ben !!!!



4/27/2015

... viñeron da gardería municipal.

Hoxe estiveron nas clases de infantil as nenas e nenos de 3 anos da gardería municipal ... e as súas mestras. Repartímolos nas tres aulas, merendaron con nós, cantamos todos co profe Alberto na súa clase e logo xogamos no patio.
Na nosa clase estivemos a preparar as mesas cun mantel especial para os nosos invitados.
Son nenos e nenas moi alegres e cariñosos. Cando marcharon levaron todos un corazón co seu nome, un recordo do tema da biblioteca deste curso.
Encantounos que viñeran !!! ... e algúns serán alumnas e alumnos do cole o próximo curso.


4/24/2015

Día do Libro con Bilal Traoré

Hoxe, por fin chegou Bilal ao cole para celebrar con nós o Día do Libro.
Estivo na nosa clase e cantounos unha preciosa nana do seu país. Tocou o yembe con nós e tocamos os nosos yembes con el. É unha persoa moi cariñosa.
Máis tarde estivemos todos na aula de música practicando e tocando ... e finalmente contounos un conto africano.
Encantounos a actividade de hoxe !!!



4/23/2015

No teatro ....

Hoxe fixemos a primeira excursión deste curso a Pontevedra para ver unha exposición de pintura: obras de Picasso, Barceló ... Fixemos un obradoiro de grabado e pasámolo moi ben.
Logo estivemos no teatro. Foi una obra musical moi divertida "A nena e o grilo nun barquiño".
Sabedes ??? Viñeron con nós a profe Cris e os seus chicos de Xil.


4/17/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana rematamos os experimentos co grupo C.
Estiveron con nós: Alba, Arón, Candela, Nicolás, Alex, Ismael, Naiara, Sergio, Zaida, Alba P., Miguel e Nerea.
Experimento 5 : que alimentos se disolven na auga?




4/16/2015

Fai uns días, o papá de Nuria tróuxonos unha árbore moi especial para que a plantaramos no noso xardín. Lembrades que o ano pasado agasalláranos con outra? 
A de este ano chámase 'Ginkgo Biloba' e é moi especial porque fai moitos anos, cando unha bomba atómica destruiu a cidade de Hiroshima, un Ginkgo seco e destruido volveu brotar moito tempo despois! Un símbolo de renacemento, resistencia e esperanza!
Así que a plantamos, a regamos e iremos de vez en cando a vela, regala e coidala!!
Gracias ao papá de Nuria polo agasallo....e ao profe Alberto que nos axudou a facer o burato!!
Entre tod@s imos deixar un xardín ben lindo!