4/28/2017

Chegou o Maio

Este ano o Maio trouxo bo tempo ... e os nenos de infantil saímos cedo a facer os colares ... as pulseiras ... as coroas ...
Coma sempre ... contamos coa axuda dos maiores ... porque ás veces escápasenos o fío ...
Mirade como traballamos este ano !!!!



4/27/2017

"Bailando con lobos"

Hoxe estivo no cole Marcos Pantoja, un home que pasou case toda a súa nenez vivindo no monte ... cos lobos. Contounos moitas cousas da súa vida ... o que comía ...onde durmía ...
Falounos da importancia da natureza, do respecto que debemos ter todos cara ela. 
Ensinounos os son dalgúns animais... águias ... lobos ...
É unha persoa moi especial ... e gozamos moito coas súas explicacións...



4/24/2017

A incubadora

O pai de Christian, un neno de primaria, trouxo unha incubadora para o cole. Fíxoa el ... con pezas recuperadas de outros aparellos.
Estivo explicándonos como funciona. Ten moitos botóns e é un pouco difícil para nós ... os maiores ocuparánse de que todo estea ben.
Explicounos todo o proceso ... os coidados que teñen que ter os ovos, luz, calor, movemento ...
Moooi interesante.!!!
Tamén nos dixo que non poden ser ovos do super.
Agora ... na nosa clase estamos a facer un rexistro diario do proceso despois de ir mirar como están os ovos.
Vaia.... !!! ... nós xa sabemos o que vai pasar despois de 21 días ... jaja

... xa vos iremos contando máis cousas ... pío pío...



4/03/2017

Sementamos

Coa chegada de primavera ... estamos a sementar outra vez na nosa clase.
Este ano non son bulbos ... son sementes de flores variadas. As temos na clase, as regamos ... e traballamos a paciencia ...
Xa vos iremos contando máis cousas ...