12/27/2012

Verdades e trolas


Na nosa clase estivemos a traballar a mentira.
Fixémolo a través de contos e cantigas para comprender a importancia de dicir sempre a verdade.
As familias tamén colaboraron con debuxos que fixeron c@s nen@s na casa.
Tod@s na clase estivemos a contar trolas e verdades ... tamén os profes. Con todo o material fixemos un libro que formará parte da biblioteca da aula.
Ás veces resulta difícil diferenciar as mentiras das bromas ... seguiremos a traballalo durante todo o curso.


12/23/2012

5 sentidos: o tacto

     Estivemos a traballar no mes de decembro o sentido do tacto, e comprobamos que o temos ao longo de toda  a nosa pel. Coa axuda de profe Charo fixemos unha experiencia na aula (co material que aportaron as familias) e manipulamos difentes texturas, amasamos leite con fariña, percibimos frío e quente, duro e brando..... Aprendemos moitas cousas ... e foi moi divertido!!!!
     Como non queriamos mesturar outros sentidos, tapamos o nariz e a boca con mascarillas que nós mesmos decoramos.
.

12/07/2012

O medo

     Na clase de 5 anos B estivemos a traballar o medo desde diferentes aspectos ... e recollimos nun libro as aportacións de todo o alumnado e tamén dos mestres e mestras que nos dan clase.
Fixemos un libro  ... e este é o terrorífico resultado.

Open publication - Free publishing - More medo

11/27/2012

CHEGA O OUTONO ?

CHEGA O OUTONO
TRAS O VERÁN
CAEN AS FOLLAS
SECAS DE LUZ
OS PAXARIÑOS
PÍAN DE FRÍO
COA SÚA MALETA
MARCHAN AO SUR
CALZO AS MIÑAS BOTAS
COLLO O MEU PARAUGAS
CUN CHUVASQUEIRO
PORQUE ESTÁ CHOVENDO
CHOVE, CHA, CHA, CHÁ...









BICOS CON SABOR A CASTAÑA !! 

11/10/2012

... unha de dados.

A profe Almudena estivo a explicamos como xogar cos dados ... e facer cálculo mental. Ao principio contamos co dedo, pero pouco a pouco xa o iremos facendo mentalmente. É divertido, e ademais ... sumamos e restamos.
Estivemos a xogar tamén co t-toca. Temos que estar atent@s aos dados: cores, mans, pés, dereita, esquerda .... vaia lío !!!!


"rap" da castaña

No Colexio todo cheira a magosto, e na clase de 5 anos B estamos a aprender unha poesía da castaña...
con ritmo de "rap".  A profe pensou que isto sería moi doado (ja, ja...) ... non é tal!!!
Salvad@s !!!!. O profe Alberto ofreceuse a axudarnos co ritmo de "rap".

                                   Namoreime da castaña, 
                                   namoreime do ourizo, (eh, ah, eh, ah)
                                   namoreime de ti, rapaza,
                                   porque tes o pelo rizo. (eh, ah, eh, ah)  

As nosas belezas femininas da clase son as protagonistas deste "rap".
Noa Agernesh trouxo o pelo rizo de Etiopía, e  a  Paula, Lucía, Mariña, Sofía, Lara e Laura ... medroulles en Meaño. Mirade que guapas son !!!!!

  

11/03/2012

un artista ...inesperado.

Manolo, o avó de Lara e Mariña, trouxo unhas cabazas moi especiais: segundo a forma que teñen, el búscalles unha semellanza, e logo as decora. Mirade que marabilla!!!!!
Nós, esta semana, tamén estivemos a facer pantasmas, a falar do medo, a decorar os corredores, a asustar e levar sustos, a escoitar contos terroríficos, ...
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración ... cos doces e a decoración das cabazas.

10/25/2012

Medos, sustos e máis sorpresas...

No corredor de Infantil 'apareceu' un castelo tenebroso habitado por fantasmas... e cando nós, @s nen@s de 4 anos o vimos preguntamos: qué é iso? E nós non temos? Por iso,  ao chegar á clase levamos unha grata sorpresa... e invitamos a quen quixera entrar tamén no noso castelo...

Ademáis, con iso de que vén o Samaín, puxémonos a ambientar a nosa clase e de paso, asustar aos maiores que pasen polo corredor dándolles sustos fantasmagóricos...



Visita-paseo ao 'outro cole'

Os 'maiores' do outro edificio fixeron unha exposición de outono, no que tamén había varios tipos de uva. E nós, como estamos a investigar sobre as uvas (entre outras cousas...) alá que nos fomos a ver ese 'museo de outono'.
E de paso nos fixamos nos 'Arcimboldos' de outono dos nenos e nenas de 1º. Qué risa ao ver aos irmáns de Candela, Soraya e Raúl e máis o resto, con eses sombreiros de froitos, froitas e follas de outono!!!!




10/21/2012

Enredando coa pizarra dixital...

Os mércores imos á clase de Informática coa axuda da profe Almudena. Xogamos a xogos educativos (de puzzles, de colorear, de agrupar, de simetrías, etc.) nun ordenador para cada un/a.
Pero, o pasado mércores tamén aproveitamos para xogar na pizarra dixital, que nos encantou!!!! Como a profe Almudena lles contara o conto 'Corre, corre cabaciña', fixemos actividades relacionadas con el: crebacabezas, secuencias, memoria... Que interesante nos pareceu!! Porque hai que mirar, buscar e... sobretodo TOCAR na pantalla xigante!!!!!!!
O vindeiro mércores... repetimos!

'Graffitis' no patio de Infantil

O venres 'apareceu' un xiz no patio... Así que o/a que o atopou decidiu facer algo nese muro de cemento (tan soso e sen cores) que temos no patio. 
Fórono prestando... pero se acabou. 
Primeiro algún exclamou: 'Profe, mira que fan!!!!' Pero, ao dicirlle as profes: 'Non pasa nada, é arte por un día', pasouse a: 'Profe eu tamén quero xiz'. 
Así que a profe Raquel trouxo máis, moitas... e tod@s se foron animando... ata que se acababa o muro e quedaba o chan!!!
Pero ATENCIÓN: NON O FAGADES NA CASA SEN PERMISO!!!!!
Luisa.




Cumpre de Carla

O día 15 de outubro foi o cumpre de Carla e, como en todos os cumpres que coinciden en día de cole, fixémoslle unha coroa (que ela decorou), acendémoslle as 4 candeas (que ela soprou), cantámoslle o 'Cumpreanos feliz' e agasallámola cunha ducha de bicos (para amosarlle o moito que queremos aos compañeir@s).

FELICIDADES CARLA E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS!!!!!!!!




10/20/2012

Outono

A semana pasada estivemos no outro edificio do Cole para ver a estupenda exposición de froitos de outono que fixeron os maiores, e ...
 ..... aproveitando que IAGO trouxo un tractor para a nosa "vendima", estivemos a recoller follas secas no capazo para levalas á "compostera", como nos dixo o profe Alberto.
Nicolás díxonos que el xa sabía onde era Compostela, ... e tivemos que aclarar a lóxica confusión.
Tamén atopamos castañas dentro dos seus ourizos, Jorge quedou prendido co mandilón nunha rama espiñosa de rosal, ... e andivemos observando, falando e ... conducindo todos un pouquiño o magnífico tractor de Iago.
Mirade as fotos!!!!!



... xa está a chegar o meeeedo.

Nas aulas e nos corredores de E.I. estamos a prepararnos para unha semana terrorííííífica.
Haberá un montón de sorpresas, ... que xa vos contaremos pouco a pouco.



Pintora: Maruja Mallo

    Na nosa clase seguimos a traballar a vendima, tamén a través da arte.
Estamos a coñecer un pouco da vida e a obra da pintora lucense Maruja Mallo.
... e pincelada a pincelada, un dos seus cadros máis coñecidos: "El racimo de uvas".
Gústanos moito pintar con acuarelas, .... xa veredes como van quedando.




10/14/2012

Orella pendella

Por se aínda non a coñecedes, quérovos amosar unha páxina de ditos, recitados, cancións... en galego que é moi interesante. Está ideada por Migallas, que poñen a voz a moitos dos ditos. Ademáis dende ela tamén accededes á súa páxina e podedes estar informados das súas actuacións e expectáculos, que son moi bos.
Botádelle un ollo que merece a pena...
E tamén queda no lado dereito do blog, para que a teñades fácil de visitar.



Facemos mosto

Despois de coller a uva... tocou facer o mosto!! Antes de ser viño, a uva estrullada dá un zume riquísimo!! E é un proceso ben divertido.
Aquí tedes a elaboración do mosto tinto que fixemos na aula de 4 anos:

10/11/2012

Clasificamos follas de parra

Seguindo co noso proxecto de Vendima, estivemos a observar as diferentes follas de parra e acios de uvas que trouxeron @s nen@s. Aproveitando os cadros sobre as vides que trouxo Raúl, intentamos clasificalas pola súa forma, según as redondeces ou picos, a cor... Foi interesante porque eran todas diferentes!!!

10/09/2012

Investigamos sobre a vendima

Na clase de 4 anos estamos a facer un pequeno proxecto de investigación sobre a vendima. Nas casas dos nen@s ou dos seus avós faise a vendima e eles e elas xa saben moooito do tema. Por iso nos trouxeron cousiñas moi interesantes para que os que sabemos menos aprendamos tamén.
Fixádevos nas fotos: hai de todo, dende debuxos onde nos amosan cómo se recollen as uvas (Dani, Gabriela, Carlota...); uvas moradas para facelo tinto (Ainara, Daniela...); tractores para levar as uvas ás bodegas (Diego, Gabriel...); unha prensa (Soraya); fotos vendimiando (Raúl, Silvia, Paula...) ata uns murais ben interesantes sobre as distintas variedades de vides (acios, follas, ramas...) de Galicia (Raúl).
MOITAS GRACIAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!!
Seguiremos amosándovos o que vamos investigando.














9/29/2012

A vendima en 5 anos B

Na nosa clase estamos a traballar a vendima. Falando, falando ... soubemos que en moitas casas de Meaño teñen viñas, uvas brancas e tintas, ...
Nós pintamos acios para facer viseiras, e quedáronnos así de bonitas!!!!
Tamén estamos a aprender unha poesía moi curtiña:

          A VENDIMA
       As uvas na viña
       están a madurar;
       pronto, pronto, pronto
      hai que vendimar.




9/24/2012

Cumpreanos de Lucía

O mércores 19 foi o cumpre de Lucía. Como as tortas e roscas as comemos tod@s xuntos ao final do trimestre, ese día fixémoslle unha coroa, cantámoslle 'Cumpreanos Feliz' e sopramos as 4 candeas!
E como agasallo démoslle unha 'ducha de bicos'!!!!!!!
FELICIDADES LUCÍA!!!!!!















Manteis individuais para merendar

Co comezo do curso, fixemos uns manteis novos para as merendas.
Fixémolos con pintura e pincel, que nos encanta!!!!!
E así, xa podemos merendar nas nosas mesas sen ensuciar nadiña!!





9/21/2012

... bicos, bicos, bicos !!!!

Xa comezamos un novo curso ... e na clase de 5 anos B estamos a falar dos amigos e amigas, de cousas que estivemos a facer este verán, de outras que imos facer este curso.
... e falando, falando todos falamos de Estrela, a nosa compañeira. Este curso Estrela e Miguel están un pouco lonxe, en Ourense.
Nós mandámoslles un biiiiico moi grande e ruidoso desde Meaño.
Fálanos pronto e visítanos cando poidas.
Xa nos dixo o su pai que está moi contenta e que ten amigos e amigas novas.



9/20/2012

Máis sorrisos que bágoas!!!

As meniñas e os meniños de 3 anos xa están rematando o período de adaptación, está indo fenomenal!
 

6/25/2012

Festival 4 anos

Festival 3 anos

Festival 5 anos

Felices Vacacións!!!!!!

O verán xa chegou e con el... AS VACACIÓNS!!!
É tempo de durmir un pouco máis polas mañás, de xogar, de descansar, de pasar tempo con papá, con mamá, coa familia enteira... e de contar mooooooitos contos (e que nos conten), de cantar as cancións que aprendemos no curso (e outras moitas que seguro sabedes) e...
aínda que as vacacións son moi longas...
sen darvos conta...
chega setembro...
e volvémonos ver!!!!!!

FELIZ VERÁN!!!!!!!
ATA SETEMBRO!!!!

E para que bailedes déixovos o vídeo:

6/23/2012

Excursión á Coruña

O mércores 20 fomos de excursión á Coruña. Fomos todo o alumnado do cole. Os nenos e nenas de Infantil, pola mañá visitamos o Planetario e a Casa das Ciencias e ó mediodía xuntámonos cos maiores a comer no parque San Pedro de Visma, que ten unhas vistas preciosas do mar e da Torre de Hércules.
Despois de comer e xogar no parque, voltamos a Meaño...
Qué ben o pasamos e cantas cousas vimos!!! E senón o credes, mirade as fotos!!!!!!
Luisa.

Actuación da Banda de Meaño

Moitos nenos e nenas do noso cole tocan na Banda de Música. O pasado martes, tod@s eles, co seu 'director de orquestra', demostráronnos o que aprenderon e ensaiaron durante o curso... e fixérono xenial.
Luisa.





6/22/2012

Cantigas

Recordades que durante o curso fixemos unha recopilación de cantigas tradicionais para levar a casa, aprender, cantar e bailar? Pois, a semana pasada xuntámonos tod@s @s nen@s do cole e @s profes no hall e cantámolas para que quedaran grabadas e, quizáis, facer un CD... 
Agora xa as sabedes: 'O gato', 'O rodaballo', 'A rianxeira', 'A Carolina'... e  xa as podedes cantar no verán!!!

6/19/2012

"Cumples" en 4 anos

Onte celebramos os aniversarios do 3º trimestre das nenas e nenos de 4 anos.
Estivemos na cociña cantando, comendo rosca e tarta, e sopraron as 5 candeas Ainoa, Noé, Estrela, Mariña e Daniel.
Parabéns para eles!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Festival de Fin de Curso

6/12/2012

Cumples do 3º trimestre


O venres celebramos os cumples dos nenos e nenas que cumplen os anos en abril, maio e xuño.
Na clase de 3 anos eran Daniela, Gabriela e Carlota!!!
E na clase de 5 anos eran Xabi, Rodrigo, BraisAnxo!!!
Cantamos 'Cumpreanos feliz', sopramos as candeas e comemos rosca e torta... Mmmmm, qué rico estaba todo!
Felicidades, guapiñ@s!!!

6/08/2012

Visita dos nen@s da gardería

O mércores visitáronnos os nenos e nenas que empezan o cole en setembro.
Algúns viñeron coa coidadora da gardería e outr@s viñeron cos seus papás.
Fixeron unha 'excursión' polo cole: os baños, as aulas, o patio... e ó final remataron a visita na aula de música, cantando cancións co profe Alberto.
Como recordo da visita levaron un globo precioso de corazóns.
Aos nen@s de Infantil fíxonos moooooita ilusión a súa visita porque seremos máis para xogar!!!! Ademáis, algúns teñen irmáns no cole!!
Falta pouco para o próximo curso!!!
Luisa

5/31/2012

Creando arte

Pinchando na imaxe podedes crear obras de arte con só mover o rato e escollendo na paleta cores e formas. Cando teñades o debuxo, podedes imprimilo e gardalo. A pintar!!!

5/30/2012

Visita do CSIC

O venres visitounos unha chica que traballa nun lugar chamado CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Contounos que nese lugar traballan científicos coma ela e amosounos qué cousiñas investigan: cómo coidar as vides para que saia un bo albariño, qué insectos comen os pinos... e moitas cousas máis!

5/29/2012

O noso semáforo

Como nos gustou tanto a canción do semáforo, fixemos o noso! Encantounos mirar polo papel celofán: vermello, todo vermello; verde, todo verde... É súperdivertido!!
E ademáis, xa temos claro que verde: indica pasar; amarelo: precaución e vermello: non se pode pasar!!

5/25/2012

Teatro en Pontevedra

O luns fomos a Pontevedra, ao edificio de Novacaixagalicia, a ver o espectáculo 'Bicharada', no que unha araña, unha formiga e un escaravello nos amosaban a súa vida nun recuncho pequeniño do bosque...

Concurso de murais

O Concello de Meaño convoca cada ano un concurso de murais con motivo das Letras Galegas. En Infantil participamos tod@s e os nosos murais quedaron estupendos. Aquí deixamos as fotos:













Os nen@s de 3 anos fixemos o mural de Elmer: cómo nos gusta pintar con témpera (sobretodo se é coas mans)... e... gañamos o 1º premio. Noraboa artistas!!!


5/24/2012

Conto para a igualdade

Aqui tedes un fermoso conto que me recomendou a profe Patricia:
  O meniño Nito. Entón, os homes choran ou non?

5/17/2012

Día das Letras Galegas

Como todos os anos, o 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano o homenaxeado é VALENTÍN PAZ ANDRADE, avogado, xornalista, poeta... que naceu en terras do Lérez hai moooitos anos.
Para recordar a súa obra, fixemos a 'semana das letras galegas': lemos un poema que escribiu, fixemos un puzzle coa portada dun libro seu... pero o que máis nos gustou foi a bandeira de Galicia co seu nome!! Que levamos para casa tod@s felices!!

PASADE MOI BO DÍA!!!!!!




5/16/2012

Contacontos na biblioteca de Meaño

O pasado venres fomos tod@s @s nen@s de Infantil á nova Biblioteca de Meaño a ver e escoitar uns contiños... Mirade qué ben o pasamos!!!

5/13/2012

Marcapáxinas gañador

O venres, despois do recreo, fomos tod@s @s nen@s de Infantil á biblioteca do cole. Alí, Daniela (da clase de 5 anos) regalounos un marcapáxinas para cada un e para as profes; era o seu marcapáxinas, porque ela foi a gañadora do concurso!!! 
Noraboa, guapa!!






5/08/2012

Educación vial

El lunes tuvimos una charla sobre educación vial en el cole. Nos enseñaron cómo tenemos que ir por la calle, por la acera y sin salirse del bordillo y algunas señales que nos podemos encontrar.
Además nos enseñaron la canción del semáforo; que os dejamos aquí abajo para que la cantéis:



5/07/2012

Policías de 4 anos B

A semana pasada estivemos a prepararnos para a charla de educación vial.
Cadaquén fixo un gorro de policía, ... e quedaron así de chulíííísimos.


Educación vial

Hoxe estiveron no Cole unhas persoas a explicar a todo o alumnado a importancia de respectar as normas de tráfico, tanto os condutores como os peóns: educación vial.
Estivemos xuntos na aula de música as clases de 5 anos e 4 anos B.

Manolo e a súa colaboradora puxeron vídeos para que entenderamos mellor as súas explicacións.
Yeray puxo un casco de ciclista e un chaleco reglamentario. Todos aprendimos moitas cousas.

As nenas e nenos de 4 anos B tiñamos feito na clase uns gorros de policías ... e estabamos moooooi guapos.



Felicidades a todas las mamás!!!!

Ayer fue el Día de las mamás y les hicimos un regalo que llevábamos preparando toda la semana. Esperamos que les haya gustado; nosotr@s lo pasamos muy bien haciéndolo!!
Os dejamos una muestra del proceso: lo pintamos con témpera, pegamos nuestras fotos... y también preparamos los paquetes. Quedaron chulísimos!!!


5/03/2012

Celebramos O Maio

O pasado luns, celebramos no cole o Maio.
Como choveu tanto, @s nen@s de Infantil tivemos que coser os colares e pulseiras nas clases. Viñeron a axudarnos 3 rapazas de sexto (moitas gracias, chicas!!); mentras os maiores de Primaria decoraban O Maio con flores, ovos e laranxas.
Ao final quedou un Maio precioso, con Coviña no alto. Moitas gracias ao papá de Iria e Brais por facernos unha Coviña tan bonita para o noso maio!!!
Antes de irnos para casa, xuntámonos tod@s no patio cuberto e cantamos as coplas que ensaiamos co profe Alberto.

4/26/2012

Día do Libro

O día 23, Día do Libro, xuntámonos tod@s na aula de Música (porque na biblioteca non colliamos) e escoitamos uns fragmentos do conto 'OPrincipiño'. A profe Carina leunos en francés; a profe Roser, en catalán; a profe Lidia, en galego e a profe Maricarmen, en castelán.
Despois, houbo entrega de premios aos nenos e nenas que participaron na Olimpiada do Saber, organizada na Biblioteca. Os nenos e nenas de Infantil participamos tódalas semanas e por iso, tamén levamos un agasallo para casa. Ademáis aprendemos moito sobre o Sistema Solar e os seus planetas.


4/22/2012

Contacontos

O venres visitounos o contacontos Marioneto. Fomos todos os nenos e nenas de Infantil á biblioteca e alí contounos varias historias e presentounos ao parrulo Avó. Pasámolo moi ben!!!
Luisa






4/19/2012

Marcapáxinas para o Día do Libro

Con motivo do Día do Libro que se celebra o día 23 de abril, hai no cole un concurso-exposición de marcapáxinas. Os nenos e nenas da clase de 3 anos participamos decorando os nosos, que quedaron ben bonitiños.
Mirade cómo o fixemos e o resultado final:
Luisa

4/16/2012

A gaiola

Desde hai uns días temos unha enorme gaiola no patio cuberto.
Hoxe estivemos a mirar con atención aos 4 canarios que viven alí, ... e xa tiñan posto un ovo !!!!
Parecen encantados cos seus novos e ruidosos veciños e veciñas, ... e nós tamén.
Raquel V.

Primavera no patio de E.I.

Coa chegada da primavera, estamos a gozar máis dos xogos no patio.
Uns prefiren xogar dentro da casiña, outros xuntan tesouros, merendar é moooooi necesario,  hai quen amosa unha enorrrrrme ferida no seu dediño, ... falan de segredos, falan e falan, ata hai quen prefire pensar só.
Cadaquén escolle o seu lugar, ... e escolle compañeiros de xogo.
Raquel V.


4/12/2012

Cumples do 2º trimestre


                           FELICIDADES !!!!!!!


Antes de irnos de vacacións de Semana Santa, celebramos os cumples dos nenos e nenas da clase de 3 anos e da clase de 5 anos.
Soraya, Candela, Daniel, Raúl e Christian sopraron as 4 velas.
E Hugo, Daniel, Uxía, Yeray e Rocío, sopraron as súas 6 velas.
Luisa






4/11/2012

Inventos e máquinas

No 2º trimestre estivemos a traballar o Proxecto: inventos e máquinas.
Pedimos a colaboración das familias para que aportasen material ... e puxémonos a traballar.
Andivemos polo Cole para coñecer moitos aparellos e a súa utilidade ,... investigamos sobre outros que non coñeciamos, sobre quen os inventou ...
Rematamos o Proxecto coa construción de "ROBOT", ... coas pezas que as nenas e nenos trouxeron da casa.
Raquel V.



"Cumples" en 4 anos

Remata o 2º trimestre ... e celebramos os "cumples" en 4 anos.
Xuntamos as dúas aulas na cociña ... e as nenas e nenos que celebraron o seu aniversario, sopraron
as 5 candeas: Mathew, Nerea, Rodrigo García Cobas, Brais Ramos, Iker Castro Villanueva, Laura, Brais Santórum e Lucía.
Parabééééns para todos !!!!!
Raquel V.


3/29/2012

Unha visita inesperada

Hoxe, nas aulas de E.I., tivemos unha visita inesperada: 3 ras.
O Equipo de Voz Natura e os alumnos maiores estiveron a limpar o estanque do Colexio ... e atoparon unhas ras moi saltonas.
O director estivo polas aulas amosándonos as ras ... e nós gozamos moitííííísimo coa inesperada visita.
Raquel V.



3/19/2012

Visita ao MARCO

O pasado venres fixemos unha saída ao Museo MARCO, de Vigo.
Como chegamos un pouco cedo, recorrimos a rúa Príncipe para ver a escultura do Sireno.
Logo, no Museo estivemos a ver cousas moi diferentes e coas que poidemos experimentar.
Foi unha visita moi interesante.
Raquel V.





Inventos e máquinas

Estamos a traballar nun proxecto sobre inventos e máquinas para coñecer moitos aparellos que hai nas nosas casas, no colexio, ... e outros que nos fan a vida diaria e o traballo moito máis doado.
As familias aportaron moito material e nós investigamos e buscamos información para saber máis.
Raquel V.




2/27/2012

... a xogaaaar !!!!!!

Despois de ter traballado taaanto, e esperado taaanto (os birlos tardaron moito en secar), xa tocaba xogar aos birlos.
Parecía moi fácil, pero non era tal.
Tivemos que facer varias tiradas, e ... houbo moitas sorpresas.
Dani foi o máximo gañador, porque conseguíu 7 puntos: derribou 7 birlos na primeira tirada.
Raquel V.





Birlos galegos.

Estivemos a construír na clase os birlos galegos, como parte dun proxecto global de todo o Centro, e que pretende dar a coñecer unha pequena parte da cultura popular galega a nenos e nenas de India, a través da O.N.G. Vicente Ferrer.
Nas outras aulas estiveron a desenvolver outros xogos, e .... xa vos iremos contando cousas máis adiante.
Veredes aquí o proceso desde o principio. Foi traballoso .... e tamén divertido.
Cada birlo é unha mostra da creatividade de cada nena/o da clase.
Raquel V.





Naceu Nicolás

Esta fin de semana naceu Nicolás, o bebé da profe María.
Di a súa nai que é un neniño moi bo, .... e guapo guapo.
As túas compañeiras e compañeiros, ... e tamén o alumnado, desexamos que te recuperes pronto.
Moitos biiiiiiiicos para os dous da nosa parte.
Raquel V.

2/18/2012

Comendo chulas, orellas e fillo....

Unha vez máis contamos coa colaboración das familias, ... que contribuiron con moitos doces típicos destas datas.
... E como eramos extraterrestres, nunca tiñamos comido doces terrícolas tan riiiiiiicos. Ummmm!!!!!
Raquel V.





...na praza do Concello.

Todo o Cole estivemos a desfilar ata a praza do Concello: extraterrestres, marcianos, estrelas e planetas, astronautas e ...  o Peliqueiro.
Cantamos as nosas coplas co "rebola" e tamén "o galo".
Raquel V.




2/17/2012

Como gozamos co Entroido! !!!

Este curso estivemos a traballar nas aulas o tema do espazo, proposta do Equipo de Biblioteca ... e por iso os nosos disfraces estiveron relacionados con este tema.
O alumnado de E.I. e as súas profes eramos extraterrestres, tiñamos unha nave espacial ... pero perdimos a chave.
Raquel V.