5/27/2016

Pegadas !!!!

Estes días estivemos a cambiar as portas dos baños de infantil ... e coa axuda da profe Lara todas as nenas e nenos deixaron as súas pegadas das mans e dos pés.
Foi unha actividade moi divertida ... e agora as portas quedaron ben bonitas  !!!!


5/19/2016

Letras Galegas

Un ano máis o Concello de Meaño anímanos a participar no concurso de ilustración de contos para conmemoraren o día das Letras Galegas.
A clase de 3 anos realizou unha reportaxe fotográfica de varios contos populares, clase de 4 anos ilustraron o conto "Cocorico"... e na clase de 5 anos "Don cabaliño de marrrr"
Parabéns para as chicas e chicos de 5 anos e as súas mestras, xa que lograron o 1º premio !!!!



5/12/2016

No mes de abril pasou esto...

Fixemos unha saída ao Mercado de Pontevedra:





Na nosa mesa de outono había moitos carozos e millo que xa se estaba a estropear, así que decidimos pintar tela para facer un vestido e convertir os carozos en bonecas... quedáronnos ben bonitiñas! O ano que vén máis... porque nos deu moito xogo!!





           

Xunto cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, preparamos a visita de Peter Punk, de Pallasos en rebeldía, falando de qué é un refuxiado, vendo e comentando imaxes de nenos e nenas que non teñen tanta sorte coma nós porque tiveron que fuxir e deixar as súas casas e falando do que era importante para nós... Entre todos preparamos un mural coas nosas 'maletas' e o importante que levaríamos nelas.

                                    

Na nosa clase ocorréusenos a idea de que nos viñera visitar alguén da nosa familia e facer algo con nós. Por iso redactamos unha carta entre todos e a profe a escribiu no ordenador:



                                                       

E... xa recibimos algunha visita!!! A mamá de Iria e Uxía veu contarnos dous contos e nos contou un pouquiño da súa profesión:

E a tía de Aroa ensinounos a facer magdalenas!! Encantounos!!





Para celebrar a primavera, estación na que florecen as árbores e se preparan as hortas, nós tamén quixemos poñer bonita a nosa mesa de estación plantando lentellas e fabas.
Primeiro, decorar a nosa maceta (un iogur)


 Logo poñer algodón:


Logo, regar:


E, pouco despois... nacer:


Ata as fabas naceron ben rápido e feitiñas:



Ademáis, cada día, na asemblea falamos un pouco de cómo nos sentimos, contamos algunha noticia da casa,  contamos cántos estamos e cántos faltan, facemos algún xogo de matemáticas manipulativas (abn) e rematamos con xogos de psicomotricidade: convertíndonos en leóns, crocodilos, serpes, medusas, etc, e así, reptamos, gateamos, xiramos... e pasámolo ben.



 


 
 


Para rematar o mes, celebramos o Maio, cosendo colares de pampullos e cantando o Maio.






5/11/2016

Aniversario con pintura

E despois de Yago .... Daniel cumple hoxe 5 anos. Decidiuse polas cores laranxa, azul e verde para facer o seu cadro. Felicitámolo e cantamos todos xuntos para el.
Sabedes ? Este mes tamén é o aniversario da profe Lara e da profe Lidia.




5/09/2016

Aniversario con pintura

Hoxe Yago cumple 5 anos. Nun día tan especial fixo o seu cadro e escolleu para facelo as cores azul, vermella e amarela. Decorou a súa coroa e cantámoslle "cumpleaños feliz".
Este é o seu cadro. Mirade como o fixo.!!!