12/18/2015

Ata o ano que vén

Despedimos o trimestre e o ano 2015... co mural de Nadal para o concurso do Concello e co almanaque de 2016. A nosa clase é o mes de novembro ... e o fixemos co cadro de Joan Miró "Azul II".
Bo Nadal !!!... e moitas grazas ás familias pola súa colaboración.


12/11/2015

Obradoiro pintura: Emérita Méndez

Este venres estivo na clase a pintora lucense Emérita Méndez. Ela vive en Cambados hai mooooitos anos.
Fixemos con ela unha actividade diferente... e moi divertida: un collage.
Con cachos das nosas caras ... montamos outras caras ... algunhas tiñan dúas bocas ... 4 ollos  .... o queixo enriba dos ollos. Nós xa pensabamos que cando o viran na casa non nos ían coñecer... non, non... claro que non. !!!
Cando rematamos, montamos outro collage con metades das caras para faceren outra diferente...
vaia lío tan divertido !!!
Esperamos que Emérita poida vir outro venres a traballar con nós. É unha persoa moi alegre... e xa nos coñece.







12/03/2015

Aniversarios en 4 anos !!!!

Hoxe celebramos os aniversarios do 1º trimestre deste curso na nos a clase.
Sopraron as candeas Lucas, Omar, Arón, Jara, Hugo, Rafael, Elena, Noel, Iria e Nicolás.
Xa temos tod@s 4 anos !!!!