11/27/2015

Obradoiro pintura: "Xardín" Joan Miró

Comezamos a traballar outro pintor... Joan Miró.
Esta semana falamos das cores de Miró, as 6 que sempre empregaba nos seus cadros:  vermella, amarela, azul, verde, negra e branca.
Empregaba moitas formas xeométricas que nós xa coñecemos... e tamén lle gustaba pintar animais nos seus cadros: paxaros, galos, peixes, insectos...
Fixémolo moi despaciño... eran moitas cores e o cadro un pouco difícil: "Xardín" !!!






11/24/2015

Reunión de setembro, aula de 5 anos


Neste curso, como sabedes, as titoras de Infantil fixemos a reunión de setembro aportando un ‘power point’. No caso deste aula se vos amosaba os obxectivos a acadar, as tarefas cotiás, a explicación de diferentes actividades e diversos consellos para as familias.

Moitas grazas pola colaboración!!







11/20/2015

Contacontos: Elmer

Hoxe estiveron no cole algunhas nais... a contarmos o conto de Elmer.
Estivemos tod@s @s alumn@s de infantil na aula de música...
Este conto gústanos moito a nós. Rematamos a sesión con bicos e abrazos... Mirade !!!!




Aprendemos matemáticas con abn

Levamos estes meses a traballar os números e as matemáticas co cálculo abn. 
Empregamos os dados, contamos, facemos series, facemos emparellamentos, equivalencias, asociacións, contamos cara diante e cara atrás na recta numérica...
Facémolo manipulando diferentes materiais e variando as actividades... ás veces no chan e outras nas mesas ou no recanto.
Para contar cara atrás @ encargadill@ pon o casco de astronauta e... a contar... 10..9..8..7... dependendo do día do mes que sexa...
Tamén aprendemos outros conceptos matemáticos con outras actividades.... xeoplanos, pinchos, figuras xeométricas.... Mirade como o facemos...!!!
Xa vos iremos contando máis cousas ...







11/17/2015

Reunión de setembro 3 anos

Este ano, fixemos a reunión coas familias empregando un 'power point' con imaxes de cómo será o curso, o horario que seguiremos, qué traballaremos, a qué daremos máis importancia, peticións e consellos... Quedará na pestana de FAMILIAS do blog para que a consultedes cando queirades.
Moitas grazas pola colaboración!!





11/13/2015

Obradoiro pintura: "Bodegón" Pablo Picasso

Este venres estivemos a facer "Bodegón"... de Pablo Picasso.
Falamos primeiro de que é un bodegón e observamos o cadro que pintara Picasso... as cores que utilizou... como colocou os obxectos...
Logo falamos tamén de Picasso e estivemos a ver outros cadros que pintou.
Fixémolo con témpera .... así.



11/10/2015

Comendo castañas

Hoxe a festa do magosto foi un día moi especial. Tivemos invitad@s.....@s nen@s de Xil e a súa mestra Isabel.  Este ano non fixemos o mesmo circuíto de xogos que tiñamos feito outros cursos. 
Tiñamos un montón de xogos populares e moi divertiiiidos !!! : 
loita de sacos, equilibrio, carreira de tartarugas, paseo en carretilla, puntería lanzando bolas e aros....  Algúns eran para os maiores ... pero nós xogamos a moitas cousas diferentes... e os profes... e as mamás... e os papás... e os avós....
Sabedes???.... o papá de Iria e Nicolás asa moi ben as castañas. 
Pasámolo requeterrequete ben !!!



11/07/2015

'Xornada de portas abertas' no patio de Infantil

Un venres, as profes que estaban no patio de Infantil, deixaron pasar aos nenos e nenas de Primaria que tiñan irmáns, irmás, curmáns, amig@s, veciñ@s, coñecid@s... e é que sempre se apiñan na porta para velos! Agora, sempre queren repetir a visita... pero o patio de Infantil xa é pequeno para os peques, como para que caiban máis...
Tomaremos nota das peticións e organizaremos máis 'patios compartidos', non vos preocupedes!!!
Mirade unha mostra do éxito da Xornada:











11/06/2015

Obradoiro: pintura ("bolas e bolas")

Hoxe no obradoiro de pintura tivemos que pintar bolas de diferentes tamaños e e distintas cores.
Non foi nada fácil de facer... parece que o pincel corre solo... vaise por fóra...e ás veces mestúranse as cores uffff sen permiso!!!!
Di a profe que suxeitemos ben o pincel e que o movamos suavemente... "o pincel non é unha fregona, chic@s"
Aínda que foi un pouco difícil... divertímonos moito... Mirade que  ben quedaron.!!!