4/29/2016

Festa dos Maios

Como todos os anos... hoxe celebramos a festa dos Maios no colexio. Fixemos colares, pulseiras e coroas para o Maio e para nós. En infantil sabemos coser moi ben... os nenos de 3 anos tamén coseron. Gustolles moito esta festa.
Mirade que guapas e guapos están. !!!  Ao final  cantamos unha cantiga todos xuntos
Moitas grazas as familias pola súa colaboración.




4/26/2016

As plantas dos pés

Na nosa aula estamos a traballar as plantas. Estivemos a trabajar tamén sobre todo o proceso ... sementar, regar ... Escollemos bulbos de diferentes plantas con flor ... Agora soamente temos que esperar e velas medrar ... traballamos así tamén a paciencia. Cando remate o curso, levaremos as plantas para casa.
Podedes velas colgadas na gaiola  que está no patio cuberto.
Moitas grazas ás familias por ter colaborado con nós.


4/25/2016

Peter Punk

Hoxe estivo no noso cole Peter Punk, un pallaso que pertence a un movemento que se chama "Pallasos en rebeldía" e que traballa cos refuxiados sirios de Idomeni. Faloulles aos nenos de primaria de como é a vida nos campos de refuxiados, das súas carencias, de por que fuxen do seu país ...
O seu traballo baséase en axudar aos nenos e maiores a gozar con pequenos momentos divertidos .... nesa terrible situación na que viven..
Fixo para nós unha bonita e divertida representación e fixo participar a varios alumnos de infantil e primaria.
Moitas grazas as familias por ter participado coa súa aportación económica.



4/22/2016

Día do Libro

Hoxe celebramos no cole o Día do LIbro, como todos os anos. Emparellados maiores e pequenos, tiñan preparado un conto que traían da casa ... ou da biblioteca do colexio, para contar á súa parella.
Escolleron o recanto que máis lles gustou para facelo .... aínda que este ano mooooitos elixiron a zona do estanque. Fixo moi bo tempo ... Mirade como lles gusta ler !!!!



4/21/2016

No teatro ...

Hoxe estivemos en Pontevedra para ver unha representación musical da compañía Mamá Cabra.
Gustounos moito porque cantamos todo o tempo. Xa coñeciamos algunhas cantigas ... que temos traballado co profe Alberto en música.


4/19/2016

Aniversario con pintura

Hoxe Candela cumple 5 anos !!!. Seguimos na clase coa actividade de pintar un cadro nun día tan especial. Escolleu as cores laranxa, lila e rosa para facelo. Tod@s nós cantamos para ela e a felicitamos.
Este é o seu cadro.


4/15/2016

No mes de marzo pasou esto...


Fixemos bonecos de neve para a nosa mesa de estación...



Preparamos a nosa portada dos traballiños de Semana Santa, un polo de Pascua con papeliños:


E, tódolos días facemos relaxación e atención plena... Algunha vez despois dos recunchos, outras ao vir do recreo... volvemos á calma despois da actividade. Pode ser con masaxe cunha pluma, cun masaxeador-tren de rodas, ou por parellas recitando: 'Un neno hai aquí'... Pasámolo pipa!!










E en corro xogamos a pasarnos a 'botella da calma' ou o 'gusano do silencio'. Pedímolo por favor e esperamos o turno...

 
































E rematamos o mes cunha sorpresa!! Recibimos a visita na nosa clase dun pirata moi especial que non tiña nome!! Pero que nos escribía unha carta pedíndonos un nome e... invitándonos a visitar unha praza de abastos!!
Enseguida, entre todos, decidimos chamarlle Juanito, porque despois de moito dialogar... non podía ser que non tivera nome alguén: todos temos nome!!






E cumpliron 4 anos Noelia e Bruno. Para celebralo, pintaron os seus debuxos reservados:





4/06/2016

No mes de febreiro pasou esto...


Proxecto Picasso. Investigamos, coñecemos a súa vida, vimos e comentamos as súas obras, interpretamos alguna e ao final nos disfrazamos de Arlequíns (un dos personaxes dos seus cadros)







Coa chegada do inverno, falamos da importancia de abrigarse ben e tomar zume de laranxa. Por iso, trouxemos laranxas e exprimidores e a tomar zume!!!










Para celebrar os nosos aniversarios... e tamén para non facernos un lío de a quén lle toca cumprir anos, cántos e cánto lle falta... elaboramos un mural dos aniversarios: cada mes, foto dos nenos e profes que cumplen no mes co número do seu Día. Cartolinas en branco para que pinten con dúas cores favoritas e técnicas que elixan o día do aniversario... e unha táboa cos seus nomes para que se tachen e escriban segundo teñan 3 ou 4 anos...
 






                                                  



4/04/2016

No estanque do cole ...

Estivemos a facer unha actividade moi ineresante na clase.  Queriamos saber que pasa no estanque  do cole.... e quen vive alí. Fixemos varias visitas e observamos as plantas, os peixes e as ras. Centrámonos sobre todo nas ras e quixemos observalas máis preto. Escribimos unha carta a@s chic@s de 3º A ... porque sabiamos que alí hay expertos en atrapar ras vivas.
Noé e os seus compañeir@s, xunto coa profe Angie, trouxeron dous tritóns, "renacuajos" e unha ra.
Tivémolos na clase e estivemos a observalos  ... como se movían ... que cores tiñan ... cantas patas tiñan ... a súa forma ....
Logo dun tempo, e coa axuda da profe Lara, levámolos ao estanque e soltámolos alí. De cando en vez  subimos a facerlles unha visita...


4/01/2016

Na praza de abastos de Pontevedra

Hoxe estivemos na praza de abastos de Pontevedra... É unha praza mooooi grande.
Estivemos a ver os postos de froita, as verduras e legumes... no piso de arriba.
Logo baixamos a ver os postos de flores, as carnicerías, o peixe e o marisco.
Vimos moitas cousas alí ... merluzas, lombrigantes, centolas, polbos ... todos vivos ....
vaia ... sí que se movían !!!
Tamén nos fixeron un agasallo... unha pouca froita para cadaquén.
Logo ... despois da visita estivemos a merendar nun parque pequeno ... e xogamos un pouco.
Pasámolo moi ven hoxe !!!!
O luns ... na clase, faremos un debuxo sobre o que estivemos a ver na praza de abastos.