6/21/2013

Un curso en imaxes. 2012-13

Pois ata aquí!! Remata xuño e con el un curso máis de vivencias compartidas. Agora toca disfrutar do verán para que tod@s cheguemos en setembro coas pilas recargadas.
Felices vacacións!!

6/20/2013

papel maché

Este venres rematamos as clases, pero ao longo do mes de xuño estivemos a facer unha manualidade con papel maché. Levounos moito tempo e bastante traballo.  Cadaquén fixo unha figura con papel de xornal: xoaniña, flor, árbore, bolboreta, abella, ..., logo botamos cola e pegamos papel, deixámolo secar e ... máis papel,  outra vez a secar (tardou bastante porque botamos moooita cola).
Finalmente pintamos as figuras e quedaron moi ben.
Grazas profe Ana pola túa axuda en todo o proceso !!!




6/19/2013

Semana de excursiones

El mes pasado, en una sola semana, salimos 2 veces de excursión. Primero, al teatro, a Pontevedra... Y dos días después, al 'helicóptero'. 
Cómo gustan las excursiones!!! El curso que viene, más!!!


6/14/2013

Un agasallo

Esta semana Manolo, avó de Lara e Mariña, trouxo un montón de cabazas á escola.
Algunhas xa están pintadas e decoradas, ... pero outras están listas para que as decoremos nós.
Teñen formas moi interesantes, grandes, pequenas, alongadas, ... hai de todo.
Queredes velas? Témolas expostas no colexio ... pasade cando queirades.
Moitas grazas "abuelo Manolo" de parte d@s chic@s de 5 anos B e a súa profe.


6/06/2013

pío ... pío ...

Hoxe tivemos na clase unha visita inesperada: pitos.
Viñan nunha caixa de cartón, e como nos dixeron despois, os trouxo a profe Cristina para que os viran os peques.
Decidimos falar baixiño para non asustalos. Eran negros e amarelos.
Acariciámolos, tocámolos, movémolos, ... uffff, ... moitas mans para tan poucos pitos !!!


6/05/2013

visitamos a clase de 1º de primaria

Hoxe tiñamos programada unha visita moooooi especial: a clase de 1º de primaria.
Cando chegamos escoitamos un fantástico aplauso da profe Mari Carmen e os seus chicos e chicas.
Sentámonos con eles e comezamos a facerlles preguntas que xa tiñamos preparado na clase:
tedes moitos deberes?, podedes xogar na clase?, portádesvos ben?, os exames son difíciles?, a que xogades no patio?, gústavos educación física? ...
.... con sorrisos enormes e enoooorme paciencia contestaron ás nosas preguntas !!!
Cando rematou a sesión, aplaudimos nós.
Baixamos ao patio e merendamos e xogamos con el@s.
Gozamos moito coa visita de hoxe. !!!  Moitas grazas profe Mari Carmen ... e os teus chic@s !!!