6/05/2013

visitamos a clase de 1º de primaria

Hoxe tiñamos programada unha visita moooooi especial: a clase de 1º de primaria.
Cando chegamos escoitamos un fantástico aplauso da profe Mari Carmen e os seus chicos e chicas.
Sentámonos con eles e comezamos a facerlles preguntas que xa tiñamos preparado na clase:
tedes moitos deberes?, podedes xogar na clase?, portádesvos ben?, os exames son difíciles?, a que xogades no patio?, gústavos educación física? ...
.... con sorrisos enormes e enoooorme paciencia contestaron ás nosas preguntas !!!
Cando rematou a sesión, aplaudimos nós.
Baixamos ao patio e merendamos e xogamos con el@s.
Gozamos moito coa visita de hoxe. !!!  Moitas grazas profe Mari Carmen ... e os teus chic@s !!!



Ningún comentario: