2/27/2013

5 sentidos: o gusto

Para experimentar co gusto tapamos o nariz e os ollos. Pensabamos que había moitos sabores, pero en realidade soamente son 4, ... os demais son aromas.
Probamos moitas cousas: allo, cebola (algunha mamá non creerá que o seu fillo masticou e tragou tal cousa), pomelo, laranxa, pementa, auga salgada e doce, chocolate, cenoria ...
Foi divertido, sobre todo os comentarios dos nenos: "sabe a playa ... a mar", "sabe a rico" (penso que este sabor non existe ... aínda), "sabe a agua del baño", "sabe a fataaaaal".
Foi unha experiencia moi interesante, e contamos coa axuda da profe Monse.
Por certo, as profes démonos conta de que ó ter os ollos tapados, os nenos falaban moito máis alto do habitual.

Querémoslle mandar un bico MOOOOI  SABROOOSO  á profe Silvia que nos mandou un saúdo desde o blog.






2/19/2013

Pintor: Antonio Guijarro Morales

Estivemos a traballar a paz a través da pintura e escollemos o cadro ¡¡¡Queremos paz !!! de Antonio Guijarro Morales.
Así quedaron algunhas das nosas obras.



contadas de 5º

As nenas e nenos de 5º andan a contar historias na biblioteca.
Nós estivemos a escoitalos este martes ... e gustounos moito. Pensamos repetir a experiencia outros días e con outras historias. 
O fan mooooi ben !!!!



2/14/2013

amor ... amor

Hoxe é o día de San Valentín, unha celebración antiga, que nós recordamos na nosa clase.
Grazas á idea da profe Luisa, fixemos unhas tarxetas moi amorosas para os copañeir@s da clase, a profe Charo e a profe Raquel.
Sacamos un papeliño cun nome e escribimos unha mensaxe de amor e cariño nun corazón.
Tod@s recibimos unha tarxeta e un biiiico enorme.