4/30/2011

PINTOR: ANTONI TÀPIES

As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a traballar ao pintor barcelonés Antoni Tàpies.
Partimos do conto ¡Buenos días, señor Tapies!
Descompuxemos a súa foto nun puzzle e aprendimos que tipo de materiais empregaba para crear as súas obras artísticas....



Utilizamos corchos, varas, parafusos, témpera, cables, cordas, botóns, material de refugallo ... Levounos moito tempo porque había que pegar moitas cousas.


... e así interpretamos nós a obra de Tàpies. Que vos parece ???
Todas as obras son moi diferentes ... e gustounos moito traballar a Tàpies.
Raquel V.






4/29/2011

Hoxe celebramos o Maio

Hoxe celebramos o Maio no Colexio. Participamos todos os cursos.
As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a facer colares e pulseiras cos pampullos ... porque xa sabemos coser moi ben !!!!
Os prof@s decoraron o Maio e os nenos e nenas de primaria cordas de ovos e laranxas.
Tamén cantamos as coplas que tiñamos preparado co profe Alberto. Todo saíu moi ben e o Maio quedou precioso.
... e tamén queremos felicitar ás nosas mamás.





Bailando o aro

Este curso no patio de Educación Infantil divertímonos moito bailando o aro e saltando á corda.
Practicamos moito, moito, moito ..... e mirade que ben o facemos!!!!!
.... e tamén se atreve ... o profe Sergio.





4/28/2011

Espantoso e nós

As nenas e nenos de 5 anos fixemos a Espantoso na nosa clase. Trouxemos roupa vella da casa para vestilo, ... e logo fixemos a cabeza.
Tiña que ter unha cara moi moi moi fea para asustar aos paxaros. 
Uxía dixo que podiamos pintarlle a cara de dúas cores ... e o fixemos.
Logo fixemos unha votación para elixir o seu nome ... e decidimos que sería Espantoso, polo feiiiiiiiisimo que é.







O horto

Todos os cursos sementamos no horto do colexio.
As nenas e nenos de Educación Infantil fixemos 6 equipos e sementamos fresas, pipas de xirasoles, fabas, cenoiras...
Cada semana retiramos as herbas e tamén regamos.
 Sabedes???? ... para que os paxaros non coman as nosas plantas, en cada aula construímos un espantallo. 
O espantallo de 5 anos chámase Espantoso. O de 4 anos chámase Non sei.
Xa vos presentaremos os espantallos de 3 anos cando estean rematados.



... e despois de sementar ... hai que regar.

  






2º trimestre: ovos de Pascua

Antes das vacacións estivemos moi atareados as nenas e nenos de 5 anos: coas témperas decoramos ovos de Pascua.
Utilizamos moitas cores ... e quedaron así de bonitos.





Rematamos o 2º trimestre.

Este trimestre foi moi longo e na clase de 5 anos estivemos a traballar moitas cousas.
Aprendimos como funcionan algunhas máquinas e para que serven.
Tamén construímos un robot.
... e finalmente fixemos unha excursión cos alumnos/as de 1º e 2º para coñecer unha fábrica onde despezan as cabezas de porco, e outra onde cocen e preparan os mexillóns para vendelos despois.
... foi unha excursión moi interesante, e ademais .... ummm ... probamos os mexillóns alí mesmo e estaban riquíííííísimos.
Os nosos agradecementos para o papá de Nerea, alumna de 2º.