4/30/2014

coser e cantar ... o Maio

Hoxe foi un día de festa no colexio. En todas as aulas houbo moito nerviosismo e moito traballo.
Como facía moi mal tempo, non saímos ao patio e quedamos na nosa clase a recortar os pampullos para faceren os colares.
Merendamos, repasamos a copla do Maio co profe Alberto e estivemos a "cantaruxar" toda a mañá.
Coser é moi fácil para as nenas e nenos de 5 anos,  ja, ja ... aínda que o fío escapa moitas veces da agulla. 
Xa vos contaremos máis cousas ...




4/23/2014

DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril é o día do libro.
A profe Jeny visitounos para ler o conto de A Cebra Camila que é un dos seus favoritos. Encantounos !.
A Coviña tamén nos visitou. Agachounos pola aula o libro de Os tres Bandidos e unha carta. Foi emocionante !.
















4/11/2014

Rematamos o trimestre

Hoxe foi un día especial no noso cole. Fixemos unha saída ata os muiños de Lores. 
Alí poidemos ver como moían o millo para faceren a fariña ... e levamos unha pouquiña para casa.
Pasámolo moi ben coa actuación do grupo Migallas, que presentou o seu traballo "Pan de millo", no que colaboraron varios mestres do noso colexio: Magoia, Alberto e Paulo. O certo e que os alumnos xa coñecían as cancións porque as tiñan traballado na clase de música.
Comimos na herba e compartimos queixo, pan de millo, empanada ...
Tamén estiveron con nós os nenos e nenas da gardería e as súas profes .... e  Basilio.
As mestras de infantil queremos agradecer a colaboración das chicas e chicos do 3º ciclo que nos acompañaron todo o camiño levando da man aos nosos peques. 
Grazas tamén ás familias por ter colaborado.






4/08/2014

Pintor: glez. Hernáiz

Na clase de 5 anos estivemos a pintar a primavera partindo do cadro "Reflejos en la primavera" do pintor español glez. Hernáiz.
Trátase dun cadro abstracto, polo tanto cadquén interpretou o orixinal dunha maneira diferente ... e
quedaron así....