4/11/2014

Rematamos o trimestre

Hoxe foi un día especial no noso cole. Fixemos unha saída ata os muiños de Lores. 
Alí poidemos ver como moían o millo para faceren a fariña ... e levamos unha pouquiña para casa.
Pasámolo moi ben coa actuación do grupo Migallas, que presentou o seu traballo "Pan de millo", no que colaboraron varios mestres do noso colexio: Magoia, Alberto e Paulo. O certo e que os alumnos xa coñecían as cancións porque as tiñan traballado na clase de música.
Comimos na herba e compartimos queixo, pan de millo, empanada ...
Tamén estiveron con nós os nenos e nenas da gardería e as súas profes .... e  Basilio.
As mestras de infantil queremos agradecer a colaboración das chicas e chicos do 3º ciclo que nos acompañaron todo o camiño levando da man aos nosos peques. 
Grazas tamén ás familias por ter colaborado.






Ningún comentario: