12/21/2016

Un aniversario ... un cadro

Rematamos o ano 2016 ... e rematamos tamén a actividade anual "aniversarios con pintura".
Estas son as preciosas obras de arte que fixemos... e que estiveron expostas na aula todo este tempo.
Como remata o ano ... e xa todos cumprimos 5 anos, levámolas xa para casa este Nadal.
Grazas a todos ... e felices festas.



12/20/2016

Aniversarios con pintura

Xa chegou o mes de decembro .... tan esperado por todos ... por fin. 
Aínda que Iria e Nicolás cumprirán 5 anos nas vacacións de Nadal, hoxe pintaron o seu cadro e fixeron a coroa.
Os máis peques da clase ... mirade que ben pintaron !!!



12/19/2016

Murais de Nadal

Como cada ano, o Concello de Meaño convoca o concurso de postais e murais de Nadal.
Nas aulas de infantil estivemos a traballar moito a pasada semana nos nosos murais ... e como vedes quedaron ben bonitos.
Parabéns para a profe Sarai e a súa clase, que gañaron o primeiro premio !!!! 


12/15/2016

Festa de aniversarios na cociña

Hoxe fixemos a festa dos aniversarios deste trimestre ... e tamén dos nenos que cumpriron 5 anos no verán: Lucas, Omar, Arón, Jara, Hugo, Rafael, Elena, Noel, Iria e Nicolás.
Tivemos unha visita moi especial... "abuelo Adolfo"... o avó de Iria e Nicolás, que lles viña contar unhas historias aos de primaria... e pasou un momentiño a saudarnos na cociña.
Esta vez non fixemos tarta ... aínda que sí sopramos as 5 candeas pinchadas en 5 mazás.
Fixemos brochetas de froita coa axuda da profe Pili...
.... plátano, melocotón, piña, mandariña ....e grans de granada, que tivemos que comelos coa man ... porque non había quen os pinchara na brocheta.
Pasámolo moi ben ... e comemos as foitas que nos gustan ..



11/30/2016

En outubro...

En outubro comezamos o Proxecto do outono:

Na asemblea cantamos cancións de outono, recitados de duendes de outono, de chuvia...
Trouxemos da casa elementos do outono para a nosa 'Mesa de Estación': follas, paus, castañas e ourizos, landras, millo, etc.
Pintamos os nosos 'monstros de outono'...


Este curso, como facemos tantas actividades, veñen tantos profes ou cambiamos tanto de espacios, necesitabamos ter un HORARIO, grande, con fotos, para saber qué temos en cada momento. Levamos un pequeno para casa, pero na aula temos un ben grande. Así é como o elaboramos:






Puxemos foto co profe de Psicomotricidade (Jesús) os luns, co profe Alberto de música os martes; coa Profe Pili para ir á Biblio (luns e mércores), para ir a Informática (os xoves), para Acción Educativa... coa Profe Lourdes en Relixión (os martes), coa Teacher Bea temos Inglés (os mércores).... e logo temos numerosas rutinas: asemblea, tempo de mesas, recunchos, matemáticas divertidas, relaxación, Filosofía, Talleres... sen olvidar, merenda, aseo, recreo...






Tamén este mes celebramos o Samaín. Comezamos un proxecto sobre o Medo. Cantamos cancións de monstuíños e bailamos coma eles... Contamos contos de medo e o Búho Pepe nos fixo preguntas sobre o medo (a qué lle tiñamos medo e se os demáis terían os mesmos medos ca nós...e qué facemos cando temos medo) Así que se nos ocorreu preguntar ás familias a qué lle teñen medo e que a Pantasma Comemedos levara todos os nosos medos...


Entre tanto, Coviña 'invitounos' a entrar na 'Aula do Medo' e.... daba auténtico teeerrrrrrroooooorrrrrr!!! Pero temos moita valentía e entramos..... alí escoitábase unha música terrorífica, estábase completamente nas escuras e había unha caixa para gardar debuxos de medo....e participar nun concurso de debuxos e relatos arrepianteeeessssssssss!!!!!!!!





Decoramos cabazas para o Mural do Samaín. Para iso, cada un elixiu, contamos, e fomos pedir as fotocopias que necesitabamos.




 Tamén fixemos unha receita espeluznante......MORCEGOS DE OREO!!!!!






E no Día Grande do Samaín, trouxemos unhas cabazas preciosiiiiiiisimas e terrorrriíííficas da nosa casiña...

11/25/2016

Aniversarios con pintura

Este mes de novembro cumpriron 5 anos Rafael, Elena e Noel ... e como vimos facendo todo o ano, cadaquén pintou o seu cadro.
Mirade que chulada !!!!





11/24/2016

En setembro...

Setembro pasou moi rápido, volvemos a estar xuntos, a xogar xuntos, contámonos as nosas cousas...
E acordamos unhas normas entre todos e todas para que a convivencia sexa respectuosa.
Para facer o mural das nosas normas, primeiro dialogamos sobre o que eran a normas, por qué son necesarias, e cáles nos parecían as máis importantes... Despois, entre tod@s as escribimos no ordenador/pantalla e logo no mural.
Así o temos nun lugar ben visible, para que non se nos esqueza ningunha!!





Tamén en setembro empezamos a dedicar uns momentos da semana, despois do recreo, a relaxarnos e facer xogos de atención plena.
Ao chegar do recreo, temos preparada un mandala e unha candea, música tranquila e nos sentamos en círculo ao redor. Cantamos unha canción, pechamos os ollos, imaxinamos... e logo xogamos a pensar, a adiviñar, cos sentidos... (Filosofía para nen@s)






10/28/2016

Aniversarios con pintura

Os días 23 e 28 deste mes cumpriron anos Jara e Hugo.... e xa teñen 5 anos !!!!
Fixemos a coroa de aniversario, felicitámolos ... e tamén fixeron o seu cadro de aniversario.
Mirade que preciosos quedaron !!!




9/28/2016

Aniversarios con pintura

Hoxe e o aniversario de Arón ... que cumple 5 anos. Tamén este mes foi o aniversario do profe Alberto.
Lucas e Omar teñen tamén 5 anos ... e os cumpliron en agosto.
Hoxe cantámoslle a todos ... e fixeron un cadro. Mirade que bonitos quedaron !!!!



9/27/2016

Reunión coas familias

Como o curso anterior, a reunión coas familias fixémola cunha presentación en imaxes. Explicamos así como se vai desenvolver o horario lectivo, algúns dos temas que imos traballar cada trimestre, que actividades propoñemos nos obradoiros, cales son as mestras e mestres que van dar clase na nosa aula ... e uns consellos importantes nos que pedimos a vosa colaboración.
Moitas grazas !!!

9/16/2016

Comeza o curso

Xa estamos aquí !!! 
Comezamos este curso con moitas ganas ... e  por fin .... somos os maiores de infantil.
Pouco a pouco iremos contando o que estamos a facer na clase e no cole.
Bicooooos !!!!


7/06/2016

RECOMENDACIÓNS PARA O VEŔAN

Un resumo da reunión de fin de trimestre de 3 anos sería:
- Calma
- Natureza (praia, parque, paseos polo río...)
- Tempo en familia
- Coidar a 'sobreestimulación' (nos xoguetes, nos lugares de xogo, na tele...) Debuxos lentos, sen violencia...
-Escoitar aos nen@s, contarlles contos, falarlles...
-'Deixar que medren': deixar chupetes, biberóns, falarlles en linguaxe adulto, non sobreprotexer, fomentar a autonomía...
- Que se movan, que trepen, que salten, roden, bailen, gateen, corran, suban escaleiras...
-XOGAR, XOGAR E XOGAR
-Que xoguen ao 'vexo, vexo', a puzzles, a construccións, a contar, a recortar, a 'escribir' e/ou recoñecer os nomes dos compañeir@s, xogar con letras móviles, debuxar, pintar, rasgar papel... pero LIBREMENTE, que están de vacacións!
-Xoguetes canto menos estructurados, mellor. Elementos da natureza: paos, pezas de madeira, cunchas, auga, terra, area...bonecos, peluches, coches... (coidar a BELEZA!)
- Que asuman pequenas responsabilidades, acordes coa idade:
. Facer a cama (ou axudar a facela)
. Poñer a mesa (e recollela)
. Axudar nas tarefas da casa: recoller os xoguetes e a roupa, ordenar os espazos comúns da casa...
. Vestirse só/soa
. Regar as plantas, recoller as pinzas, axudar a tender a roupa, barrer, cociñar...

Poden ser outras, as que teñades de rutinas na vosa casa. É mellor se as acordades cos nenos/as, así deberán responsabilizarse de facelas...
Pode ser con sistema de puntos, gomets, coma un xogo, etc. ou falando con eles e animalos a facelo (é un ben común)... Ao final da semana pode haber unha actividade especial en familia: parque, paseo, praia, cine...
IMPORTANTE: moita paciencia, normas poucas e claras e castigos coherentes (pérdida de privilexios)

Moitas gracias pola vosa colaboración. Vémonos en setembro.
Profe Luisa

E para rematar (aos que non puidestes asistir á reunión), déixovos un vídeo que ilustra cómo o mellor nestas idades é xogar e pasar tempo cos nen@s, que non nos saltemos etapas da infancia e que cada aprendizaxe cando toca...


¿Bailamos?  © por jafproducciones

6/15/2016

Aniversario con pintura

Hoxe celebramos na clase o aniversario de Lara. Cantámoslle todos e fixo un precioso cadro que colgaremos na nosa aula ... cando seque.
Mirade que bonito lle quedou !!!!





5/27/2016

Pegadas !!!!

Estes días estivemos a cambiar as portas dos baños de infantil ... e coa axuda da profe Lara todas as nenas e nenos deixaron as súas pegadas das mans e dos pés.
Foi unha actividade moi divertida ... e agora as portas quedaron ben bonitas  !!!!


5/19/2016

Letras Galegas

Un ano máis o Concello de Meaño anímanos a participar no concurso de ilustración de contos para conmemoraren o día das Letras Galegas.
A clase de 3 anos realizou unha reportaxe fotográfica de varios contos populares, clase de 4 anos ilustraron o conto "Cocorico"... e na clase de 5 anos "Don cabaliño de marrrr"
Parabéns para as chicas e chicos de 5 anos e as súas mestras, xa que lograron o 1º premio !!!!



5/12/2016

No mes de abril pasou esto...

Fixemos unha saída ao Mercado de Pontevedra:





Na nosa mesa de outono había moitos carozos e millo que xa se estaba a estropear, así que decidimos pintar tela para facer un vestido e convertir os carozos en bonecas... quedáronnos ben bonitiñas! O ano que vén máis... porque nos deu moito xogo!!





           

Xunto cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, preparamos a visita de Peter Punk, de Pallasos en rebeldía, falando de qué é un refuxiado, vendo e comentando imaxes de nenos e nenas que non teñen tanta sorte coma nós porque tiveron que fuxir e deixar as súas casas e falando do que era importante para nós... Entre todos preparamos un mural coas nosas 'maletas' e o importante que levaríamos nelas.

                                    

Na nosa clase ocorréusenos a idea de que nos viñera visitar alguén da nosa familia e facer algo con nós. Por iso redactamos unha carta entre todos e a profe a escribiu no ordenador:



                                                       

E... xa recibimos algunha visita!!! A mamá de Iria e Uxía veu contarnos dous contos e nos contou un pouquiño da súa profesión:

E a tía de Aroa ensinounos a facer magdalenas!! Encantounos!!





Para celebrar a primavera, estación na que florecen as árbores e se preparan as hortas, nós tamén quixemos poñer bonita a nosa mesa de estación plantando lentellas e fabas.
Primeiro, decorar a nosa maceta (un iogur)


 Logo poñer algodón:


Logo, regar:


E, pouco despois... nacer:


Ata as fabas naceron ben rápido e feitiñas:



Ademáis, cada día, na asemblea falamos un pouco de cómo nos sentimos, contamos algunha noticia da casa,  contamos cántos estamos e cántos faltan, facemos algún xogo de matemáticas manipulativas (abn) e rematamos con xogos de psicomotricidade: convertíndonos en leóns, crocodilos, serpes, medusas, etc, e así, reptamos, gateamos, xiramos... e pasámolo ben.



 


 
 


Para rematar o mes, celebramos o Maio, cosendo colares de pampullos e cantando o Maio.