Na nosa mesa de outono había moitos carozos e millo que xa se estaba a estropear, así que decidimos pintar tela para facer un vestido e convertir os carozos en bonecas... quedáronnos ben bonitiñas! O ano que vén máis... porque nos deu moito xogo!!
Xunto cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, preparamos a visita de Peter Punk, de Pallasos en rebeldía, falando de qué é un refuxiado, vendo e comentando imaxes de nenos e nenas que non teñen tanta sorte coma nós porque tiveron que fuxir e deixar as súas casas e falando do que era importante para nós... Entre todos preparamos un mural coas nosas 'maletas' e o importante que levaríamos nelas.
Na nosa clase ocorréusenos a idea de que nos viñera visitar alguén da nosa familia e facer algo con nós. Por iso redactamos unha carta entre todos e a profe a escribiu no ordenador:
E... xa recibimos algunha visita!!! A mamá de Iria e Uxía veu contarnos dous contos e nos contou un pouquiño da súa profesión:
E a tía de Aroa ensinounos a facer magdalenas!! Encantounos!!
Para celebrar a primavera, estación na que florecen as árbores e se preparan as hortas, nós tamén quixemos poñer bonita a nosa mesa de estación plantando lentellas e fabas.
Primeiro, decorar a nosa maceta (un iogur)
Logo poñer algodón:
Logo, regar:
E, pouco despois... nacer:
Ata as fabas naceron ben rápido e feitiñas:
Ademáis, cada día, na asemblea falamos un pouco de cómo nos sentimos, contamos algunha noticia da casa, contamos cántos estamos e cántos faltan, facemos algún xogo de matemáticas manipulativas (abn) e rematamos con xogos de psicomotricidade: convertíndonos en leóns, crocodilos, serpes, medusas, etc, e así, reptamos, gateamos, xiramos... e pasámolo ben.
Para rematar o mes, celebramos o Maio, cosendo colares de pampullos e cantando o Maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario