2/27/2012

... a xogaaaar !!!!!!

Despois de ter traballado taaanto, e esperado taaanto (os birlos tardaron moito en secar), xa tocaba xogar aos birlos.
Parecía moi fácil, pero non era tal.
Tivemos que facer varias tiradas, e ... houbo moitas sorpresas.
Dani foi o máximo gañador, porque conseguíu 7 puntos: derribou 7 birlos na primeira tirada.
Raquel V.





Birlos galegos.

Estivemos a construír na clase os birlos galegos, como parte dun proxecto global de todo o Centro, e que pretende dar a coñecer unha pequena parte da cultura popular galega a nenos e nenas de India, a través da O.N.G. Vicente Ferrer.
Nas outras aulas estiveron a desenvolver outros xogos, e .... xa vos iremos contando cousas máis adiante.
Veredes aquí o proceso desde o principio. Foi traballoso .... e tamén divertido.
Cada birlo é unha mostra da creatividade de cada nena/o da clase.
Raquel V.





Naceu Nicolás

Esta fin de semana naceu Nicolás, o bebé da profe María.
Di a súa nai que é un neniño moi bo, .... e guapo guapo.
As túas compañeiras e compañeiros, ... e tamén o alumnado, desexamos que te recuperes pronto.
Moitos biiiiiiiicos para os dous da nosa parte.
Raquel V.

2/18/2012

Comendo chulas, orellas e fillo....

Unha vez máis contamos coa colaboración das familias, ... que contribuiron con moitos doces típicos destas datas.
... E como eramos extraterrestres, nunca tiñamos comido doces terrícolas tan riiiiiiicos. Ummmm!!!!!
Raquel V.





...na praza do Concello.

Todo o Cole estivemos a desfilar ata a praza do Concello: extraterrestres, marcianos, estrelas e planetas, astronautas e ...  o Peliqueiro.
Cantamos as nosas coplas co "rebola" e tamén "o galo".
Raquel V.




2/17/2012

Como gozamos co Entroido! !!!

Este curso estivemos a traballar nas aulas o tema do espazo, proposta do Equipo de Biblioteca ... e por iso os nosos disfraces estiveron relacionados con este tema.
O alumnado de E.I. e as súas profes eramos extraterrestres, tiñamos unha nave espacial ... pero perdimos a chave.
Raquel V.




2/14/2012

Peliqueiro

O noso Colexio anda moi animado. Sabedes por que é ???
Anda a percorrer as aulas e os corredores alguén que nunca tiñamos visto.
Leva un gorro enorme e unha máscara, fai moito ruído e leva unha vara moooooi longa na man.
Non fai mal ningún .... pero non todos queren achegarse a coñecelo. É o Peliqueiro.
Nas aulas estamos a coñecer moitas cousas sobre él ....   Trátase dunha figura popular do Entroido galego.
Xa vos iremos contando máis cousas.!!!!
Moitas grazas ás persoas que colaboraron na elaboración do traxe.
Raquel V.




O Mandadiño

Esta semana estamos a preparar o Entroido no Colexio, ... e  O Mandadiño está moi atarefado a dicirnos o que temos que traer posto cada día da semana: flor colorada, chapeu vello, ...
Estamos guapas e guapos... que vos parece????
Raquel V.




2/04/2012

profe María

Esta semana despedímonos da profe María, da aula de 3 anos.
Quixemos darlle unha sorpresa como agasallo de despedida, ... cantámoslle unha cantiga e fixémoslle unha "pancarta".
Gustoulle moito, ... aínda que se emocionou un pouquiño.
Moooooitos bicos de parte dos profes e tamén dos alumnos e alumnas.
Raquel V.





2/03/2012

Os libros voadores




Esta curtametraxe amósanos o importante que é gozar cos libros ... sen ter en conta a idade que teñamos.
Raquel V.