4/30/2013

Gozamos con esta festa

Andivemos moi nerviosos nas primeiras horas ... porque era un día de festa: o Maio.
Estivemos moi concentrados na clase cortando os talos ás margaridas e pampullos.
Como non chovía, marchamos para fóra a facer os colares, pulseiras e coroas: Coser é moi divertido !!!
Os maiores axudaban cando o fío escapaba ... e xa vedes o resultado: guapetóns e guapetonas !!!
Logo, todo o cole estivemos a cantar arredor do maio.



4/24/2013

5 sentidos: o oído

A semana pasada estivemos a traballar o oído, para o que contamos coa colaboración do profe Alberto e de Alia (a enfermeira do cole).
Co profe Alberto traballamos calidades do son: agudo-grave, rápido-lento, ... e fixemos varios xogos para recoñecer instrumentos, animais ....
Con Alia escoitamos os latexos do corazón. Explicounos que é un fonendo e como funciona. Foi un momento cheo de sorpresas porque  algúns esccoitaban "glu glu", "porrón porrón", "tic tic". Alguén tivo que facer varios intentos ... porque ... "non se escoita nada nada".
Escoitamos tamén o silencio, pero ... moooooi pouco tempo !!!!.
Foi unha actividade moi divertida e na que aprendemos moito.




Pintora: María Ayucar

Coa chegada da primavera, chegan tamén as cores á nosa clase.
Estivemos a coñecer algunhas cousas da pintora española María Ayucar e traballamos o seu cadro ¡Primavera!.
Así de estupendas quedaron as nosas obras !!!!


4/10/2013

5 sentidos: o olfacto

Hoxe estivemos a facer unha experiencia co sentido do olfacto. Tiñamos 5 botes tapados  e cuns pequenos buratos. Como non podiamos ver o contido dos botes .... ulimos moi forte e intentamos descubrir o que tiñan dentro.
Algúns foron moi fáciles de descubrir como o café, a laranxa (alguén dixo mandarina), o chourizo (tamén dixeron salchichón).
A canela foi identificada por uns poucos, que ben sabían que se bota no "arroz con leite".
Andivemos máis perdidos coa vainilla, ...... ule "a rosca", "a pastel", "a polvitos de bebé", ... e a "non sei".
Foi divertido o descubrimento, e realmente interesante o ben que foron identificados case todos os olores. Vaia narices !!!!



4/05/2013

... no corredor de E.I.

Xa chegou a primavera, ... por iso na nosa clase estamos a aprender esta sinxela poesía:
                                             A PRIMAVERA
                                          Chegou a primavera,
                                          a primavera chegou,
                                          con ela os paxaros
                                          e o sorriso do sol. (Alexandra Martínez)

Tamén esta semana estivemos a facer un mural no noso corredor. Empregamos esponxas e pinceis e inventamos árbores, nubes, flores ... de cores diferentes.
Mirade como quedou !!!!


        

4/03/2013

Día da poesía

Antes de irnos de vacacións de Semana Santa, celebramos no cole o día da poesía. Para iso, fixemos unhas flores de papel cunha poesía de Rosalía de Castro, 'Vente rapasa'. E, de paso, demos a benvida á primavera.