9/27/2014

Informática

Este ano, os nenos e nenas de 4 anos, imos ir un día á semana á aula de informática. Esta semana fomos por primeira vez e gustounos mooooito!!! Practicamos movendo o rato, facendo puzzles no ordenador coloreando, xogando cos números...









Psicomotricidade no pavillón

O pasado venres foi un día especial porque @s nen@s de 4 anos, fomos facer psicomotricidade ao pavillón dos maiores!!!!
Despois de recordar as normas ( é un sitio mooooi grande e hai que estar moi atentos ao que di a profe!), fixemos uns xogos. Ese día tiñamos: pelotas, ladrillos, bolos, saltadores, zancos....
O máis importante foi que despois de xogar e pasalo ben, recollemos todo moi, moi ben!!!!






Mirade qué ben recollen estes nen@s!!!









Primeiras semanas

Xa empezamos un novo curso e tamén as clases de psicomotricidade.
En 4 anos, os primeiros días, ademáis de recordar as nosas normas, fixemos un xogo de saúdo porque facía moito que non nos viamos...:


Tamén fixemos un xogo de partes do corpo: cando a música paraba e a profe ensinaba un cartel cunha parte do corpo, cada un tiña que tocar esa parte dun compañeir@:


...e xogamos libremente con obxectos, neste caso eran panos, cordas, saquiños e periódicos:


Por último, o xogo do despertador: mentres tod@s durmían, o 'despertador' tiña que atopar o 'botón' que espertaba aos nen@s:


Ao final, sempre falamos do que nos pareceu a sesión e neste caso había a quen lles gustou e a quen non... á maioría que non lles gustou foi porque non deu tempo a máis ou porque tod@s querían ser despertador...
En 5 anos, fixemos as mesmas actividades, pero no pavillón:
Saúdos:

Partes do corpo:


O despertador:


Xogo libre:




9/26/2014

No xardín

Esta semana chegou o outono ... e nós estivemos a recoller follas secas no xardín do cole.
Collimos mooooooitas porque imos facer entre todos un mural na nosa clase.
Estabamos a pasado tan  ben que Arón dixo: profe, ¿podemos quedarnos aquí ... para siempre?
Vaia ... as cousas divertidas deberían durar mooooito máis !!!


9/25/2014

Psicomotricidade en 3 anos

Hoxe foi o noso 1º día de psicomotricidade. Estivemos na aula de música escoitando a Vivaldi e puxémonos a xogar con panos de cores: bailamos, escondémonos, tapamos a cabeza, tirámonos polo chan ... Foi requetedivertido !!!!.




9/19/2014

Xogar nos recantos

Esta semana estivemos a explorar os distintos recantos que temos na clase.
Foi unha semana de moita choiva e non saimos ao patio .... Xa imos coñecendo os nomes dos compañeiros. O profe Alberto coa súa guitarra, a profe Lourdes e a profe Pili  tamén estiveron con nós.
O próximo luns estaremos todos na aula en horario completo ... porque rematou o "período de adaptación".
...  xa vos iremos contando !!!



9/12/2014

Pintamos coas mans

Hoxe estivemos a pintar con témpera... manchando as mans.
Fixemos os manteis para as merendas ... que xa pronto merendaremos no cole.
¿Sabades? hoxe, venres, xa non houbo bágoas.


9/10/2014

Primeiro día...

Hoxe comeza o "período de adaptación" para os peques de 3 anos.
Foi un día de moitas emocións, experiencias novas ... e algunhas bágoas.
Estivemos a ver as ras e as carpas do estanque, xogamos no noso patio... na clase.
Moito que contar na casa !!!



Ola

9/06/2014

VOLVEMOS AO COLE!!



Algúns e algunhas empezan nun novo cole (un cole de maiores) onde van coñecer novos amig@s, nov@s profes; van descubrir espazos diferentes ás súas casas, actividades interesantes, xogos, cancións, normas...
Est@s son os nen@s de 3 anos, para os que lles temos preparado un periodo de adaptación durante uns días para que vaian pouco a pouco e non se agobien.
  
Todos e todas empezamos un novo curso 2014-2015 o mércores 10 de setembro, ás 9.10.
En 'As Covas' vos esperamos!!