3/26/2015

Aniversarios en 3 anos

Hoxe celebramos  os cumples deste trimestre ... e fixemos unha riquíííísima tarta con obleas, nutella, margarina, chocolate e lacasitos. Axudamos tod@s e a profe Luisa foi dirixindo a elaboración.
E quen soprou as candeas ??? Alba !!!,  que é a maior da nosa clase.
Pasámolo requeterrequete ben !!!.




3/23/2015

Ovos de Pascua

Xa pronto chegará a Semana Santa ... e asociamos esta festas á rosca e aos ovos de Pascua.
Na clase estivemos a decorar  ovos de porexpán ... 
Encántanos pintar con pincel !!!



3/19/2015

Paula Carballeira

Hoxe estivo na escola a escritora Paula Carballeira. No cole estivemos a traballar algunhas das súas obras. Recibímola cunha representación dun dos seus libros que fixeron @s chi@s de 4º e unha cantiga moi especial que fixeron o profe Paulo e o profe Alberto.
Nas aulas e 3 e 4 anos estivemos a traballar un conto moi sinxelo e divertido: "Paco".
Ela estivo nas aulas falando con nós ... e logo na clase de música estivo contando, bailando e xogando con nós.
Gustounos moito a@s nen@s e a@s profes !!!!





3/16/2015

Paco

Levamos uns días a traballar o conto "Paco" nas aulas de 3 e 4 anos. 
Entre tod@s fixemos un mural da portada do conto e colocámolo no corredor de infantil. 
... e este xoves vai vir ao cole Paula Carballeira.
Xa vos iremos contando o que pase ...




3/13/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana fixemos outro experimento co grupo C.
Experimento 2: que bebidas deixan os dentes escuros?




3/09/2015

Pintor: Mondrian

Este trimestre estivemos a traballar algunas figuras xeométricas de diferentes maneiras... e como gústanos moito pintar con pincel ....coñecimos un pouquiño a obra do pintor holandés Piet Mondrian,  o que lle gustaba pintar e as cores que empregaba.
... e fixémolo así.!!!




3/06/2015

Día da muller traballadora

Como xa temos feito este curso en outra ocasión, hoxe xuntamos as aulas de 3 anos e 6º curso.
Fixémolo esta vez para colaborar buscando noticias nos xornais sobre mulleres que desenvolven diferentes traballos na política, no deporte, na agricultura, no exército ... , xa que o 8 de marzo é o Día mundial da muller traballadora.
Foi unha sesión moi interesante e divertida. Ao rematar fiemos un mural no corredor con todas as noticias aportadas por todos os cursos.
Gústanos moito esta dinámica de mesturar as aulas dos peques coas dos maiores !!!