12/30/2013

Antes das vacacións...

A última semana de decembro, antes do Nadal, adoita ser moi movida en tódolos cursos e en tódolos colexios... No noso, tivemos moitas actividades: ensaios para o Festival, celebración de cumpres, máis ensaios, elaboración de postais navideñas, portadas de traballos, calendarios, participación en concursos navideños, Festival de Nadal, concerto de Uxía Senlle, visita de Papá Noel... ufff!! que de cousas...
Podedes botar unha ollada nas fotos de abaixo!!
E recordade que voltamos o 9 de xaneiro coas pilas cargadas!!




 





  








12/20/2013

último día do outono ...

Hoxe foi un día moi especial na escola: concerto de Uxía e visita de Papá Noel.
Esta noite fixo moooito vento e cando saímos ó recreo o patio estaba cuberto por unha alfombra amarela. Pasámolo de marabilla recollendo follas !!!!
Ademais hoxe despedímonos ata o ano que ven .. e despedimos tamén o outono.
Abrigádevos ben nen@s .... que mañá empeza o inverno !!!





12/19/2013

O Gnomo de Faxilde

É unha gran preocupación para nós, o Gnomo de Faxilde visítanos ás agachadas e non podemos velo, tivemos unha asamblea e preparamos a algúns pláns. 




12/18/2013

'Se montó el Belén'


Gracias a todos los niños y niñas del cole y sus familias, elaboramos un Belén magnífico, con el tema de viajes y medios de transporte.
Está expuesto en la entrada del cole. Os invitamos a que paséis a verlo (y disfrutarlo).
Podéis aprovechar mañana, que es el día del Festival.
Gracias!!!

12/17/2013

Festival de Nadal

Fundación Laxeiro

En Vigo...
O día 4 de decembro os nenos e nenas de 4 e 5 anos visitamos a Fundación Laxeiro. Como xa traballaramos nas nosas aulas a Laxeiro e a súa obra, ese día soábannos moitas cousas e moitos cadros.
Mentres uns visitaban a Fundación, outros iamos dar unha volta pola cidade... e chegamos ao peirao!!! Alí había atracado un xigante barco alemán e fixemos a foto con el. 


12/11/2013

12/04/2013

VISITA Á FUNDACIÓN LAXEIRO

Visitamos a fundación Laxeiro, alí puidemos ver os orixinais de cadros que coñeciamos ( Reunión, Angelito o barbeiro...).Aprendimos moito e pasámolo moi ben.














11/29/2013

Pintor: Laxeiro

Na nosa clase estivemos a coñecer a vida e algunha das obras de Laxeiro.
Como levamos todo o trimestre traballando o retrato, eliximos unha das súas obras máis coñecidas: "A miña filla".
Decidimos pintar o cadro con acuarelas, que é bastante difícil, ... pero xa tiñamos aprendido en cursos anteriores coa profe Luisa. Aquí están os nosos traballos !!!!
.... xa vos contaremos máis cousas sobre este pintor e a súa obra.



11/27/2013

Os dinosauros viñeron a Vigo

...E os nenos e nenas de 4 e 5 anos  (coas súas mestras), os foron ver.
Ao principio, a algún nos daba un pouco de medo, pero @s nen@s maiores nos tranquilizaban dicindo que 'eran robots de dinosauro' e que o ruído que facían era 'unha cinta'... Non sei, non sei se eran tal, pero enseguida perdemos o medo e pasámolo fenomenal!!!
Demos un paseo vendo os dinosauros grandes, pequenos, os que comían follas, os que comían outros dinosauros, con ás, con grandes dentes...
Vimos unha peli en 3D e rematamos facendo unha foto tod@s xunt@s.



11/25/2013

A pintar...

A semana pasada, na clase de 3 anos, fixemos o mural para o concurso de Nadal do Concello.
Como nos sobraba pintura, ocorréusenos facer un debuxo 'abstracto', con pincel, de moitas cores... e quedaron ben bonitos!!

11/20/2013

Castañas, castañas... Magosto!!!!

Celebramos no cole o Magosto... 
Xogamos por equipos mentras se asaban as castañas e despois as comemos no patio coas familias. 
Gracias por colaborar e por vir.

11/08/2013

"La Dama del Otoño"

As cores desta estación son verdadeiramente bonitas, e na nosa clase estivemos a traballala a través da arte.
Non sabemos quen é o aut@r desta obra, pero a eliximos por como representa o outono.
Primeiro realizamos a obra individualmente e logo fixemos un grandíííísimo mural para a nosa aula. Levounos moito tempo e traballo ... pintamos con pincel e esponxas, pegamos follas secas e fixemos algún amaño de última hora.
"La Dama del Otoño" quedounos así.



11/03/2013

DALÍS-VAMPIROS NO SAMAÍN !!!

Participamos na festa do Samaín e este curso non tivemos meeeeedooooo !. Foi moi divertida !.

BENVIDO OUTONO !

Os nenos e nenas de 4 anos deron a benvida ao outono facendo galletas-pizza de cabaza. Estaban ben ricas !.