10/30/2014

Uuuuuhhh, que meeeedo !!!

Estivemos toda a semana a traballar o medo. Decoramos as clases, contamos contos de medo, bailamos músicas medrentas ... e por fin chegou a festa do Samaín.
Tod@s trouxeron as súas cabazas decoradas da casa e na nosa clase fixemos un obradoiro de terrorífica maquillaxe.
A aula de música estaba "horripilantemente" ás escuras e solamente alumeaban as cabazas d@s alumn@s ... e alí estivemos a ver o conto "corre, corre Cabaciña".
Moitas grazas ás familias por ter colaborado cos doces de Samaín e a decoración das cabazas.




10/24/2014

Obradoiro: ciencia e experimentos

Un novo experimento para rematar a semana.
Experimento 4: que cores precisamos para facer a cor laranxa?
Precisamos témpera vermella, azul, amarela, negra, branca, un pau para remexer e auga morna.
Repetimos o proceso de sempre: fixemos as propostas e logo a comprobación.
Estivemos facendo as mesturas de cada proposta, remexendo con coidado e saíron cores sorprendentes... algunhas difíciles de etiquetar. 
Conseguimos a cor laranxa mesturando vermella e amarela. !!!



Aí vén o Samaín...

uuuuuhhhhhh! Que medo me dá!!!!!!
Falta pouco para que chegue a semana máis terrorífica do ano, e en Infantil xa nos vamos ambientando... as aulas énchense de pantasmas, arañas, monstros, mouchos, e demáis seres terroríficos...
...e nós, en psicomotricidade,  xogamos a xogos propios desta data:

'Saúdos de pantasma'





'Convírtome en bruxa, zombie, morcego e vampiro':

'Pantasmas encadeadas': este xogo consiste en ir 'encadeado' a un compañeir@ cunha corda, o cal implica ir a onde vai o outro, á mesma velocidade..., para o cal é imprescincible a comunicación!!!





















10/17/2014

Xa temos mascota en 3 anos !!!!

Hai uns días fixemos a nosa primeira ... e dificiliiiiiiisima votación na clase.
Tiñamos que decidir que animal sería a nosa mascota e cadaquén foi dicindo cal era o seu animal preferido. Moitos dixeron can, outros gatos, Elena mariposa, Iria e Nicolás coincidiron en elefante, Jara cabalo, Noel dixo galiña ...
A profe foi poñendo as propostas e os paliños dos votos no encerado. Os máis votados foron can e gato. Repetimos a votación soamente para eses 2 animais, aínda que Elena e Jara insistiron en mariposa e cabalo, uffff.
O animal máis votado foi o can ... e dixo Arón "como Chispa, o can dos Bolechas".
Pois xa temos Chispa na porta da clase ... e todo@s content@s. !!!




Obradoiro: ciencia e experimentos

Rematamos a semana con outro experimento.
Experimento 3: que obxectos flotan na auga?
Precisamos obxectos de metal e ferro, madeira, plástico, cortiza, la, anacos de papel e moita auga.
Repetimos o proceso de sempre: fixemos as propostas e logo a comprobación.
Estivemos botando os obxectos pouco a pouco, algúns eran grandes e parecía que ían afundir ... pero non foi tal. Co papel pasounos algo sorprendente, primeiro flotaba ... e logo foise desfacendo e afundiu de todo.
Ó rematar falamos do que lle pasa ao noso corpo na auga ... nadar para flotar, afogar ... @s nen@s contaron as súas propias experiencias na praia e na piscina.




10/13/2014

A clase de 3 anos

Xa estamos tod@s, xuntiñ@s e content@s!!!
Benvidas e benvidos ao cole!



10/10/2014

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana no noso grupo fixemos outro experimento
Experimento 2: que bebidas deixan os dentes escuros?
Precisamos vasos transparentes, ovos cocidos, auga, leite e coca cola.
Formulamos as propostas e logo fixemos a comprobación.
Metemos un ovo cocido en cada vaso e logo engadimos auga, leite e coca cola ... e a esperar.
Despois dun tempo sacamos os ovos dos vasos e comprobamos que soamente estaba escuro o ovo que meteramos en coca cola.
Despois falamos do que pasou cos ovos cocidos (os nosos dentes) e chegamos á conclusión de que as bebidas como a coca cola escurecen os dentes, por iso é moi importante cepillalos ben e todos os días.



10/03/2014

Obradoiro: ciencia e experimentos.

Hoxe comezamos os obradoiros nas aulas de infantil. Son 4 grupos e están formados por 12 alumnos de idades mesturadas.
Experimento 1: que bebidas inchan a barriga?
Precisamos leite, auga, kas, coca cola, zume e globos.
Cadaquén fixo a súa proposta e logo fixemos a comprobación.
Puxemos un globo en cada recipiente e axitamos moi forte... e comprobamos que as bebidas con gas inchan moitísimo os globos ... e as barrigas.
Despois falamos do que tiñamos experimentado e chegamos á conclusión de que as bebidas con gas non son saudables. Falamos tamén da importancia de colaborar maiores e pequenos.



Mural do outono

Esta semana estivemos a facer un mural entre todos. Pintamos con esponxas, pegamos os ourizos e finalmente, coa axuda da profe Luisa, puxemos as follas secas que tiñamos collido no xardín do cole.
Colgámolo no corredor de infantil. Mirade que bonito quedou !!!