3/20/2014

No xardín...

O outro día, o papá de Nuria, tróuxonos unha árbore para o noso xardín. Así que os nenos e nenas de 3 anos prantámolo (no burato que nos fixeron os nen@s maiores!)e de paso tamén demos a benvida á PRIMAVERA!!!

3/09/2014

Entroido 2014 en imaxes e vídeo

Peliqueiros e Pantallas,
Volantes de Chantada 

e máscaras venecianas,

entroido andaluz e oriental

coa Chirigota de Meaño, 
perfectamente xenial!




3/04/2014

Nova pestana para FAMILIAS

Na parte superior do blogue engadimos unha parte para familias, con temas, enlaces, páxinas... que vos poden interesar e ser de utilidade. 
Iremos colgando cousiñas e tamén vos animamos a participar comentando, consultando dúbidas, etc.