2/19/2016

Obradoiro pintura: pintar en tea.

Este venres no obradoiro de pintura  pintamos nun anaco de tea. Esta vez non empregamos pinceis ... mollamos esponxas na témpera e manchamos a tea.
Foi unha experiencia diferente e moi divertida ... ademais quedounos moi chulo. É moi fácil !!!
Miraaaade !!!


2/11/2016

Susa Herrera

Hoxe estivo no cole Susa Herrera a presentar o seu novo libro musical "En Cabárceno se sigue cantando". Estivemos a cantar e bailar con ela as novas cantigas ... relacionadas con animais do Parque Natural de Cabárceno. Pasámolo moi ben . 
Encántanos que veñas ao noso cole, Susa !!.


2/05/2016

Entroido

Esta semana nosa clase, e tamén nas outras aulas de infantil, estivo a vestirse o peliqueiro.
Sabedes ??? Hugo vestiuse de oso de Salcedo, porque ese día era o "encargadillo". Como o traxe  quedáballe grande, axudoulle a profe Lara a poñelo. Vaia !!! si que daba medo !!! pero nós non nos asustamos.
Este curso o tema da Biblioteca da escola é "A pintura" .... por iso o noso entroido estivo cheo de cadros famosos, pintoras e pintores, ladróns ... e tamén o peliqueiro, o boteiro, a pantalla e o oso de Salcedo.
Pasámolo moi ben. Baixamos ata o Concello e alí cantamos. Á volta merendamos orellas e filloas ... ben ricas !!!. Moitas grazas para Lara e a súa familia que trouxo doces de chocolate para todos.
Moitas grazas tamén ás familias pola súa colaboración.




2/03/2016

No mes de xaneiro pasou esto...

A Festa do xoguete para celebrar a volta despois dos Reis Magos, que se portaron estupendamente...



A Semana da Paz. Coas nosas parellas da clase de 4º pintamos un Guernica moi especial. Xuntámonos todos no patio e cantamos a Cantarola dos nen@s.
Na clase de 3 anos, falamos sobre a amizade e o que significa ser amigos (darse abrazos, axudarse, non pelexar, dar bicos...) e así, abrazándonos fixemos un mural.