12/23/2011

Panxoliñas e Papá Noel




Este ano non houbo o tradicional festival de Nadal, pero aínda así non quixemos renunciar a cantar unhas panxoliñas.
 ... a pesares do mal tempo, do reducidísimo espazo que tiñamos e do numeroso que é o grupo de E.I., conseguimos dar cantado e bailado a nosa panxoliña e acomodarmos para ver aos outros cursos.

Ao día seguinte acompañounos un magnífico sol, e estivemos a esperar a Papá Noel no patio grande ... para recibir os seus agasallos.

As mestras e mestres de E.I. agradecemos a colaboración das familias do noso alumnado e desexamos a todos Feliz Nadal.
Raquel V.

Concurso de murais e postais de Nadal

Un ano máis o Centro participou no concurso de postais e murais que organiza o Concello de Meaño.
As aulas de E.I. realizamos 4 murais cos peques, ... e resultou premiado cun 2º premio o mural da aula de 3 anos. Que ben, que ben ....!!!   Parabéns para os máis pequenos do cole ... e a súa profe!!!
Raquel V.




Contos con lobo: "Soy el más fuerte" e "Soy el más guapo"




Rematamos o trimestre e rematamos tamén os contos con lobo.
Estivemos a dramatizar dous contos divertidísimos que nos permitiron traballar diferentes personaxes coñecidos por todos: "Soy el más fuerte" e "Soy el más guapo".
Disfrazámonos de Carapuchiña vermella, 3 porquiños, 7 ananos, Brancaneves, .... e de lobo fachendoso e abusón. Participamos todos e pasámolo moi ben.
Raquel V.

12/22/2011

"Cumples" en 4 anos

Estivemos a celebrar a festa dos "cumples" do alumnado de 4 anos e por iso xuntamos as dúas aulas na cociña. Apagaron as candeas as nenas e nenos que celebraron o seu cuarto aniversario en xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro: Tania, Eloy, Damián, Ángela, Lidia, Andrea, Iker, Rodrigo Silva, José Miguel, Iago, Uxío, Adrián, Lara, Nicolás, Paula, Sofía, Eloi, Noa Agernesh e Jorge.
Parabéns!!!!!!
Raquel V.




12/05/2011

Historia dunha semente

O pasado venres, día 2 de decembro,  os peques do Colexio visitamos o Pazo da Cultura para ver a representación "Historia dunha semente" a cargo da compañía Caramuxo teatro.
Cando chegamos estivemos un anaquiño co lobo Orbil, a mascota do Salón do Libro.
Logo estivemos a ver a divertidísima obra de teatro, .... gustounos moito a todos, maiores e pequenos.
Raquel V.




11/29/2011

Augas de Mondariz colabora coa nosa escola

A empresa Augas de Mondariz, colabora co fomento da lectura na nosa escola doando unha bolsa para levar os libros de lectura das bibliotecas da escola e da aula.
Moitas grazas por colaborar coa escola pública.

11/25/2011

Namasté Lancy

Esta semana recibimos no Colexio a visita de Namasté Lancy.
É unha persoa de India que traballa e colabora coa O.N.G. Fundación Vicente Ferrer.
Estivo a explicar ao alumnado de primaria cal é a realidade da infancia no seu país e as grandes diferenzas que existen con respecto a outros países ... en educación, sanidade, igualdade de sexos, ...
Explicoulles tamén a labor que está a facer a O.N.G. para a que el traballa.
Recibímolo todos na entrada do cole cunha enorme pancarta que fixeron os maiores ...  e cantándolle todos  a rianxeira.
Raquel V.




Tomando medidas

Esta semana Paula axudounos a facer a silueta do seu corpo. Medimos os seus brazos e as súas pernas, e ... estivemos a investigar onde poderíamos atopar  números : nos metros da clase, nas etiquetas daroupa, nos nosos zapatos...
Descalzámonos para comprobalo. Laura tiña o número máis grande e Daniel o máis pequeno.
Como xa estabamos descalzos, ... quitamos o calcetín e fixemos a nosa pegada nun folio.
Foi mooooooooi divertido !!!!!!!!!. Lucía e Laura axudaron a limpar os pes verdes dos compañeiros e compañeiras.
Cando as nosas pegadas estean secas, medirémolas todas.
Raquel V.




Pintor: Wassily Kandinski

Estamos a coñecer a vida do pintor ruso Wassily Kandinski e algunhas das súas obras.
Cada un fixo a súa  interpretación da obra: "Cuadrados con círculos concéntricos".
Ademais aprendimos a pintar con acuarelas.
Raquel V.



Pirámide dos alimentos

Estivemos a construír a pirámide dos alimentos para comprenderen mellor a importancia dunha alimentación saudable.
Fixémolo en varias fases e utilizamos os materiais que aportaron as familias e recortes de revistas.
Quedounos así ....
Raquel V.





11/16/2011

Magosto en E.I.

Hoxe celebramos a festa do Magosto no Colexio.
Os peques de E.I. estivemos a xogar coas castañas facendo un divertidísiiiiiiiiiimo circuíto: bailamos moi pegadiños coa castaña no medio, levamos unha culler na boca sen tirar a castaña, xogamos ao xogo das cadeiras, buscamos un tesouro, tiñamos que meter aros nos conos, ... e meter as castañas na boca da ra.

Cando remataron os xogos, saímos ao patio a comer as castañas ben quentiñas, cos demais compañeiros do cole.
Raquel V.





11/08/2011

Experimento: bebidas saudables

Estamos a traballar a alimentación saudable, dentro do Proxecto "coido a miña saúde". Por iso quiexemos investigar que bebidas inchan a barriga?.
A nosa investigación partiu de bebidas moi comúns na nosa vida diaria: auga, leite, kas, zume e coca cola.
Todos fixemos a nosa proposta .... e despois, coa axuda de globos e moito movemento, descubrimos como as bebidas con gas inchanban moitísimo os globos....  e as barrigas.
Despois de falar do que experimentamos, chegamos á conclusión de que as bebidas con gas non son saudables.
Raquel V.



10/30/2011

Samaín en E.I.

O venres celebramos a festa do Samaín no Colexio.
O alumnado de E.I. estivemos a facer un obradoiro de maquillaxe, ... para estaren terroríííííííficos.
Logo a profe Lidia contounos o conto Samaín na aula de música, ... que estaba chea de esqueletes, arañas e as nosas caveiras acesas. Tamén había unha música medrenta e todo estaba escuuuuuuro!!!!.
Cando rematou o conto estivemos a facer varios xogos no patio grande.
.... e despois .... a comerrrrrrrr.
Antes de marchar ás nosas casas todo o alumnado e profesorado do cole cantamos unha cantiga: a rianxeira.
O Equipo de E.I. agradecemos ás familias a súa colaboración.
Raquel V.




10/24/2011

Contos con lobo: Carapuchiña vermella

Estivemos a contar o conto de Carapuchiña vermella. É un conto que nos gusta moitísimo, e ademais ten moitas escenas divertidas que nos permiten cambiar as voces e convertirnos en personaxes diferentes.
Por iso gustounos moito disfrazarnos de lobo, de aboa, de cazadores ....
Äs veces cóstanos un pouco falar, ... pero os que fan de público poden axudar.
Raquel V.





Fantasmóns do Samaín

Hoxe os nenos e nenas da aula de 4 anos B estivemos na cociña para facer fantasmóns.
Daaaaaban medo !!!! Como xa sabedes esta semana imos celebrar o Samaín.
Primeiro lavamos as mans, porque cos alimentos sempre hai que ter as mans moi limpiñas.
Logo collimos o pan de molde e os lacasitos.
Empezamos colocando os ollos, e logo fixemos a boca. Alguén non foi capaz de resistir a tentación ... e comeu os lacasitos, outros rodaron polo chan ....
Despois de rematar os fantasmóns comimos un e gardamos os outros para levar á casa.
Xa na clase, escribimos a receita.
Raquel V.






10/23/2011

Naceu JARA

Hoxe pola tarde naceu Jara, a filla da profe Luisa.
Desde as aulas de E.I. os nenos e nenas ... e as súas profes, mandámoslles moitos bicos ás dúas campionas. Esperamos que te recuperes pronto.
RaquelV.

Coido a miña saúde.

Estamos a traballar nun Proxecto sobre a saúde, e por iso o alumnado de 4 anos A e B recibimos no cole a visita dunha dentista: Antía Galego.
Explicounos, coa axuda de Bob Esponja, que debemos facer e como debemos alimentarnos para manter unha boca saudable.

Explicounos tamén como traballan as caries para danar os nosos dentes, ... e contounos o conto Yared vai ó dentista.  Antes de rematar respondeu ás nosas preguntas.

Xa na clase,  estivemos a poñer en práctica os consellos de Antía Galego, ... e para iso empregamos un cepillo e unha dentadura mooooooooooi pequeniños !!!!!

Raquel V.



Outono no xardín do colexio

A semana pasada, os nenos e nenas da aula de 4 anos B, estivemos a explorar o xardín do cole.
Descubrimos que todo está moi seco ... e non atopamos cogumelos.
Andivemos por as follas secas, visitamos o estanque para ver as carpas e as ras, ... e tamén collimos algunhas castañas dentro dos seus ourizos.
Piiiiiiiiiinchan !!!!! dixeron algúns.

Pasamos un rato moi divertido.
Raquel V.





10/13/2011

Cor laranxa

No traballo por proxectos é importante facer tamén pequenas investigacións.
Esta semana quixemos saber que cores precisamos para facer a cor laranxa. Todos fixemos a nosa proposta de como logralo, ... e finalmente fixemos o experimento para coñecer o resultado.
Mesturamos e mesturamos ata que saíu LARANXA.
Houbo sorpresas ... e foi moi divertido.
Raquel V.




10/12/2011

Chuchi, mascota de 4 anos B

Precisabamos unha mascota para a nosa aula, ... e foi difícil chegar a acordos, porque elixíronse animais diferentes. Por iso fixemos unha votación, e logo outra ... e outra. É un can.
Elixir un nome foi moito máis difícil, ... e houbo que seguir votando: CHUCHI.
Finalmente todos colaboramos na súa construción ... e quedounos así.
Raquel V.







10/02/2011

... empezou na Prehistoria

Ao longo deste curso, na aula de 4 anos B, imos desenvolver un proxecto sobre arte.
Para motivar aos artistas partimos do conto Croniñón, ... e así estivemos durante uns días a decorar as paredes da nosa cova prehistórica: fixémolo primeiro coas mans e despois utilizamos rotuladores. 
Raquel V.



9/16/2011

Contos con lobo: Os 3 porquiños e o lobo Feroz

Ao longo do 1º trimestre imos traballar na clase os contos con lobo.
Empezamos cun conto moi coñecido por tod@s nós: Os 3 porquiños e o lobo Feroz.
Cóstanos un pouquiño falar para os demais, pero coincidimos en que é diverdííííííísimo disfrazarmos e contar o conto. 
... e mentres uns representan o seu papel , outros somos espectadores. 
Sabedes???? Ao final hai grandes aplausos e moitas risasssss.






Somos nós: 4 anos B



Este ano somos moit@s na clase: 18 e a profe Raquel.
Temos 2 novas incorporacións: Uxío e Estrela. Os demais xa nos coñecemos moi ben do ano pasado, ... e mandámoslle un bico moooooooi grande e mooooooi rico a profe Silvia.
Acordámonos tamén doutras profes que xa non están no cole, ... e tamén para elas gardamos uns poucos bicos: profe Tamna, profe Betty, profe Pilar....
Esperamos que pronto nos escriban ou nos fagan comentarios no blog. 

6/28/2011

Vídeo Festival 2011


Un ano máis, un curso máis...tantas experiencias.
Felices vacacións a tod@s!!
Ata o vindeiro curso!!


6/08/2011

Peque ... visita.

Onte recibimos no Cole aos nenos e nenas que van a empezar a escola o próximo curso.

Uns viñeron acompañados das súas mamás e papás, e outros das súas profes da guardería.
Ensinámoslles o Colexio, ... estivemos a cantar, bailar e tocar varios instrumentos na clase do profe Alberto.
Logo estiveron nas aulas de E.I. colorando e xogando.
Sabedes ???? ...algúns xa teñen irmáns maiores no Cole.
Tamén estivemos a xogar no patio, ... e máis tarde ensinámoslles o estanque e o horto.
... vémonos en setembro !!!!






6/05/2011

Ratoncito Pérez

Este curso, na clase de 5 anos , recibimos moitas veces a visita de Ratoncito Pérez.
O certo é que ... ver, o que se di ver, nós aínda non o vimos, ... pero estivo varias noites nas casas d@s nen@s, ... e coa súa mochila chea de agasallos.
Seguro que antes de que remate o curso aínda volve por aquí.

Raquel V.





Nós tamén sabemos ... pescar

As nenas e nenos de 5 anos estivemos a pescar na clase.
Parecíanos moi... moi ... moi fácil. Pero non é tal !!!
Tivemos que facer varios intentos antes de conseguir enganchar o anzó co peixe.
Bueno ... a algúns levounos máis tempo ca outros. Pero é realmente divertidísimo.

Moitas grazas profe Pilar de 4 anos por emprestarnos o voso xogo.

Raquel V.





6/03/2011

Antonio o "Parapeta"

      Hoxe estivo no Colexio un pescador moi especial: Antonio o Parapeta.
Ten nome de pirata, .... pero non é un pirata, aínda que ten navegado por moitos mares e océanos.
   Trouxo moitas cousas  moi interesantes ... corais, peixes, cunchas, cabaliños de mar, espadas de peixe espada, ...
Estivo a explicarnos todas as dúbidas que tiñamos e a respostar ás nosas preguntas.






5/28/2011

Experimentos coa auga

     Este trimestre estivemos a traballar nun proxecto sobre a auga. Fixemos moitos experimentos para descubrir o que pasa.
         Botámoslle auga e azucre para cambiarlle o sabor, cambiámoslle a cor con témperas, .... que pasa se lle mesturamos aceite? .... e se lle botamos cacao?
           Logo investigamos que cousas afunden na auga e cales flotan.
Foi moi divertido .... e ademais aprendimos moitas cousas.




Raquel V.




5/19/2011

Concurso de murais: Letras Galegas







Como ven facendo en anos anteriores, o Concello de Meaño organiza un concurso de murais infantís para conmemorar o día das Letras Galegas.

Este ano a decisión era dificilísima, porque as 4 aulas de E.I. fixemos un traballo estupendo ... e por iso obtivemos o 1º e o 3º premio.

Aquí tedes os nosos murais.

O horto: xa estamos todos


Como viñamos contando, seguimos a regar todas as plantas que sementamos ... e agora os paxaros xa non aparecen polo noso horto, sabedes ???? ... Xa estamos todos !!!
Preséntovos a Caracola, o espantallo de 3 anos A e tamén  a Dora, de 3 anos B.

Xa vos iremos contando máis cousas ... moi pronto.

5/17/2011

Día do Libro e Letras Galegas

     Onte, 16 de maio, celebramos no Centro o Día do Libro (23 de abril) no que se conmemora a morte de grandes autores como Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega.
Fixémolo nos distintos espazos exteriores do Colexio e coa colaboración das alumnas e alumnos de 5º e 6º, que estiveron a ler contos a todos os outros cursos en diferentes grupos.
Foi unha experiencia moi interesante.

Finalmente, catro alumnos de 6º leron para todos nós a vida e obra de Lois Pereiro, autor que este ano conmemora o día das Letra Galegas.




5/13/2011

Concerto didáctico

  As nenas e nenos de Educación Infantil, e toda Primaria, estivemos o mércores no Colexio de Coirón-Dena para ver unha representación do grupo de teatro Conta e Canta coa obra " Son + D2 Concerto Didáctico".

     Foi divertidísimo ... cantamos, bailamos fixemos xestos coas mans.

Logo pediron voluntarios para saír ao escenario, e do noso Cole saíron Alba, Miguel e Yeray.

Cantaron e bailaron moi beeeeeen.!!!!!!!!!!!





5/10/2011

Naceu YAGO

Onte naceu YAGO, o fillo da profe María.

As nenas e nenos de Educación Infantil as súas profes mandámoslles moitos moitos moitos bicos aos dous, ... e tamén a NEREA, a súa irmá maior que é alumna de 3 anos A.

5/06/2011

Naceu SABELA

   As nenas e nenos de Educación Infantil, e as súas profes, queremos felicitar á profe Laura e ó profe Alberto ... porque xa teñen á súa filla SABELA no colo. 

   É moi bonitiña. Ten o pelo escuro e a pel moreniña .... e ademais é moi boa (dixo a profe Laura).
O profe Alberto xa sabe cambiar cueiros.

.... moitos bicos para os tres

4/30/2011

PINTOR: ANTONI TÀPIES

As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a traballar ao pintor barcelonés Antoni Tàpies.
Partimos do conto ¡Buenos días, señor Tapies!
Descompuxemos a súa foto nun puzzle e aprendimos que tipo de materiais empregaba para crear as súas obras artísticas....



Utilizamos corchos, varas, parafusos, témpera, cables, cordas, botóns, material de refugallo ... Levounos moito tempo porque había que pegar moitas cousas.


... e así interpretamos nós a obra de Tàpies. Que vos parece ???
Todas as obras son moi diferentes ... e gustounos moito traballar a Tàpies.
Raquel V.






4/29/2011

Hoxe celebramos o Maio

Hoxe celebramos o Maio no Colexio. Participamos todos os cursos.
As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a facer colares e pulseiras cos pampullos ... porque xa sabemos coser moi ben !!!!
Os prof@s decoraron o Maio e os nenos e nenas de primaria cordas de ovos e laranxas.
Tamén cantamos as coplas que tiñamos preparado co profe Alberto. Todo saíu moi ben e o Maio quedou precioso.
... e tamén queremos felicitar ás nosas mamás.





Bailando o aro

Este curso no patio de Educación Infantil divertímonos moito bailando o aro e saltando á corda.
Practicamos moito, moito, moito ..... e mirade que ben o facemos!!!!!
.... e tamén se atreve ... o profe Sergio.





4/28/2011

Espantoso e nós

As nenas e nenos de 5 anos fixemos a Espantoso na nosa clase. Trouxemos roupa vella da casa para vestilo, ... e logo fixemos a cabeza.
Tiña que ter unha cara moi moi moi fea para asustar aos paxaros. 
Uxía dixo que podiamos pintarlle a cara de dúas cores ... e o fixemos.
Logo fixemos unha votación para elixir o seu nome ... e decidimos que sería Espantoso, polo feiiiiiiiisimo que é.







O horto

Todos os cursos sementamos no horto do colexio.
As nenas e nenos de Educación Infantil fixemos 6 equipos e sementamos fresas, pipas de xirasoles, fabas, cenoiras...
Cada semana retiramos as herbas e tamén regamos.
 Sabedes???? ... para que os paxaros non coman as nosas plantas, en cada aula construímos un espantallo. 
O espantallo de 5 anos chámase Espantoso. O de 4 anos chámase Non sei.
Xa vos presentaremos os espantallos de 3 anos cando estean rematados.



... e despois de sementar ... hai que regar.

  






2º trimestre: ovos de Pascua

Antes das vacacións estivemos moi atareados as nenas e nenos de 5 anos: coas témperas decoramos ovos de Pascua.
Utilizamos moitas cores ... e quedaron así de bonitos.





Rematamos o 2º trimestre.

Este trimestre foi moi longo e na clase de 5 anos estivemos a traballar moitas cousas.
Aprendimos como funcionan algunhas máquinas e para que serven.
Tamén construímos un robot.
... e finalmente fixemos unha excursión cos alumnos/as de 1º e 2º para coñecer unha fábrica onde despezan as cabezas de porco, e outra onde cocen e preparan os mexillóns para vendelos despois.
... foi unha excursión moi interesante, e ademais .... ummm ... probamos os mexillóns alí mesmo e estaban riquíííííísimos.
Os nosos agradecementos para o papá de Nerea, alumna de 2º.

























3/14/2011

Gañadores Discapnet 2011


Presentamos o traballo feito na nosa escola por todos as mestras, mestres, enfermeira e coidadora para a integración na sociedade de todos os membros con igualdade e sen descriminación. O noso centro foi finalista entre centos de candidaturas a nivel estatal de colectivos importantes e empresas de renome como La Caixa, RENFE, VODAFONE, REPSOL, etc.
O xoves ás 12:00 en Madrid cumpliuse "un sono na bandexa" para as mestras e mestres e as alumnas e alumnos de 2º, e para o resto de nenas e nenos dos outros cursos da nosa escola que fixeron posible este traballo: CONSEGUÍMOLO.
Grazas a todos: pais, nais, nenas e nenos, en especial a todo o equipo de mestres que traballan cada día para mellorar a nosa sociedade, sen eles este sono non sería posible.

Grazas aos que estiveron traballando e agora non están na escola pero si no noso corazón.
Grazas a Nerea por enseñarnos tanto.

Pedro Alberto Padín Solla

Director do Ceip As Covas

3/04/2011

Finalistas ao premio Discapnet

Recoñecemento ao traballo ben feito, grazas a todas e todos, ás mestras e mestres que estiveron nesta escola e que aínda están, polo seu traballo diario.

http://www.discapnet.es/Castellano/Actualidad/Discapacidad/Paginas/detalle.aspx?Noticia=261272

Pedro Alberto Padín Solla
Director

1/31/2011

Día da Paz no Ceip As Covas

O venres celebramos na escola o acto conmemorativo do Día da Paz e non violencia. Un momento especial para compartir o noso desexo de paz. Con este vídeo queremos tamén compartilo con tod@s vós.


"A violencia é o medo aos ideais dos demais". Mahatma Ghandi.






1/26/2011

... e seguimos coa PAZ


Os nenos e nenas de 5 anos xa comezamos a traer os cartos que nos deron na casa por vender os nosos marcapáxinas pola Paz.

Metémolos nun buzón que hai na entrada do Colexio.

Hoxe na clase tamén aprendimos a facer un avión de papel. Algúns voaban mellor ca outros ... pero foi moi divertido. Temos que practicar máis.


Xa vos iremos contando para que son os avións ....




1/24/2011

Estamos a traballar a PAZ



O día 30 de xaneiro é o día da Paz.

Na aula de 5 anos empezamos a semana pasada recordando a Gandhi e como pasou a súa vida axudando aos demais. Tamén estamos a aprender unha poesía de Gloria Fuertes: sólo tres letras.


Todo o Colexio vai colaborar coa O.N.G. Fundación Vicente Ferrer, facendo uns marcapáxinas pola Paz.

Nós fixémolos con distintas técnicas: pegamos tecidos de moitas cores, botóns, pezas pequenas de mosaico, pompóns ... e tamén pintamos con témperas e acuarelas. Mirade que  preciosísiiiiimos quedaron. Cando os rematemos todos, venderémolos ás nosas familias.