10/29/2015

Samaín

Levamos toda a semana a traballar o meeeedo !!!! ...e hoxe por fin chegou día. A profe pintounos unha cara terrorífica a tod@s nós. Non sabemos se cando cheguemos a casa nos van coñeceeeeer.
Trouxemos as cabazas decoradas e logo as levamos a aula de música. 
Aroa... unha nena de 6º, contounos o conto "Un pesadelo no meu armario". 
Despois marchamos todos ao pabellón a compartir os doces que trouxemos. A familia de Lara trouxo pantasmas de galleta para todos nós e para os profes.
Rematamos o día cunha cantiga.
Moitas grazas ás familias pola colaboración !!!






10/23/2015

"O berro"

Este curso o tema proposto pola Biblioteca do cole é a pintura. Para o mes de outubro "Coviña" convidounos a traballar o famoso cadro de Edvar Munch... "O berro". As familias colaboraron con fotos mooooi berronas.
Na nosa clase tamén traballamos o cadro, primeiro individualmente e logo facendo un mural entre tod@s... e quedounos así !!!!.
En 4 anos... sabemos berrar mooooi beeeeen !!!!



10/14/2015

Outono.

Estivemos no xardín do cole hai uns días para recoller follas secas, landras, paliños... porque temos  na clase un recanto para o outono. 
Da casa trouxemos tamén moitas cousas... mazás, castañas, noces, millo, granada, marmelo...
e unha cabaza da profe cheeeeea de chocolatinas e caveiras de caramelo. 
mmmmm !!!! que ricas están !!!


10/12/2015

Periodo de Adaptación superado

Os nenos e nenas de 3 anos empezaron a vir pouco a pouco, en dous grupos, e pouco tempo (ás veces querían quedar máis, ás veces marchar antes...)
Xogamos, fixemos xogos de presentación, saímos ao patio a xogar coas carretas, pintamos, contamos contos... rimos e tamén houbo algunha bágoa... Pero ao final, pasámolo xenial!!
E agora, xa totalmente adaptados, queremos aprender, xogar cos compañeiros e cos nen@s maiores, estar cos profes de Música (Alberto), de Psicomotricidade (Lidia), de Relixión (Lourdes), de Inglés (Inés)... coa profe Raquel, a profe Pili.... e compartir no blog o que fagamos durante o curso.... 
Vémonos!!


























Comezamos....benvida aos nen@s de 3 anos!





Coviña ... petou na porta.

Hoxe escoitamos petar moi forte na porta da clase... e levamos un susto. A "encargadilla" era Alba... e como é moi valente... foi abrir.
Atopou unha caixa ... e dentro da caixa un libro de pintura e unha carta de Coviña que explicaba  as propostas deste curso desde a Biblioteca.



10/09/2015

Obraoiro: experimento con azul, vermello, amarelo.

No obradoiro de hoxe fixemos un experimento.  En pratos cunha pouca auga, mesturamos as cores primarias: azul, amarela e vermella.
Fixemos diferentes mesturas para averiguar que cores podiamos conseguir... e levamos alguhas sorpresas. Agora sabemos como facer a cor laranxa, a cor verde ...
Despois pintamos con pincel ... así...



10/02/2015

Obradoiro: pintura (pelouros)

Hoxe, no obradoiro de pintura probamos unha técnica nova ... e moi divertida.
Manchamos uns pelouros de cristal con témpera de diferentes cores ... e puxémolos a bailar  nunha caixa con cartón branco. Siiiii... a bailar !!!
Invitamos á clase a@s chic@s de 5º para que nos axudaran... e bailaron tamén.
Os pelouros rodaban sobre o cartón e ... quedaron uns traballos ben bonitos ... mirade !!!