10/29/2015

Samaín

Levamos toda a semana a traballar o meeeedo !!!! ...e hoxe por fin chegou día. A profe pintounos unha cara terrorífica a tod@s nós. Non sabemos se cando cheguemos a casa nos van coñeceeeeer.
Trouxemos as cabazas decoradas e logo as levamos a aula de música. 
Aroa... unha nena de 6º, contounos o conto "Un pesadelo no meu armario". 
Despois marchamos todos ao pabellón a compartir os doces que trouxemos. A familia de Lara trouxo pantasmas de galleta para todos nós e para os profes.
Rematamos o día cunha cantiga.
Moitas grazas ás familias pola colaboración !!!






Ningún comentario: