10/31/2013

uuuuuuuhhhhh! .... chegou o medo.!!!!

Esta semana estivemos a decorar as aulas e os corredores preparándonos para o Samaín. Na nosa clase fixemos pantasmas, morcegos,  ...
O luns, cando chegamos á clase, atopamos unha caixa cunha mensaxe e .... sabedes ???. dentro había moitas cousas terroríficas: cabazas, arañas, un conto de medo ... e algúns caramelos.
Fixemos máscaras de momia, caveira ..., trouxemos cabazas da casa ...
O mércores a aula de música daba moito medo a escuras  e coas cabazas iluminando. A profe Noelia contounos a tod@s o conto "gato Guille e os monstros".
Moitas grazas ás familias por ter colaborado coas cabazas decoradas e os terroríficos doces. !!!!!




10/14/2013

Outono

Na nosa clase estamos a aprender unha poesía do outono ...

                            NO OUTONO
                       Que as árbores falen.
                       Que as árbores berren.
                       Que caian as follas
                       e os males enterren.  (Antonio Gª Teijeiro)

... e no corredor de infantil fixemos un mural cheo de follas, esquíos, cogumelos, landras, ourizos...
Fixémolo entre tod@s e quedounos así.