10/25/2012

Medos, sustos e máis sorpresas...

No corredor de Infantil 'apareceu' un castelo tenebroso habitado por fantasmas... e cando nós, @s nen@s de 4 anos o vimos preguntamos: qué é iso? E nós non temos? Por iso,  ao chegar á clase levamos unha grata sorpresa... e invitamos a quen quixera entrar tamén no noso castelo...

Ademáis, con iso de que vén o Samaín, puxémonos a ambientar a nosa clase e de paso, asustar aos maiores que pasen polo corredor dándolles sustos fantasmagóricos...



Visita-paseo ao 'outro cole'

Os 'maiores' do outro edificio fixeron unha exposición de outono, no que tamén había varios tipos de uva. E nós, como estamos a investigar sobre as uvas (entre outras cousas...) alá que nos fomos a ver ese 'museo de outono'.
E de paso nos fixamos nos 'Arcimboldos' de outono dos nenos e nenas de 1º. Qué risa ao ver aos irmáns de Candela, Soraya e Raúl e máis o resto, con eses sombreiros de froitos, froitas e follas de outono!!!!




10/21/2012

Enredando coa pizarra dixital...

Os mércores imos á clase de Informática coa axuda da profe Almudena. Xogamos a xogos educativos (de puzzles, de colorear, de agrupar, de simetrías, etc.) nun ordenador para cada un/a.
Pero, o pasado mércores tamén aproveitamos para xogar na pizarra dixital, que nos encantou!!!! Como a profe Almudena lles contara o conto 'Corre, corre cabaciña', fixemos actividades relacionadas con el: crebacabezas, secuencias, memoria... Que interesante nos pareceu!! Porque hai que mirar, buscar e... sobretodo TOCAR na pantalla xigante!!!!!!!
O vindeiro mércores... repetimos!

'Graffitis' no patio de Infantil

O venres 'apareceu' un xiz no patio... Así que o/a que o atopou decidiu facer algo nese muro de cemento (tan soso e sen cores) que temos no patio. 
Fórono prestando... pero se acabou. 
Primeiro algún exclamou: 'Profe, mira que fan!!!!' Pero, ao dicirlle as profes: 'Non pasa nada, é arte por un día', pasouse a: 'Profe eu tamén quero xiz'. 
Así que a profe Raquel trouxo máis, moitas... e tod@s se foron animando... ata que se acababa o muro e quedaba o chan!!!
Pero ATENCIÓN: NON O FAGADES NA CASA SEN PERMISO!!!!!
Luisa.




Cumpre de Carla

O día 15 de outubro foi o cumpre de Carla e, como en todos os cumpres que coinciden en día de cole, fixémoslle unha coroa (que ela decorou), acendémoslle as 4 candeas (que ela soprou), cantámoslle o 'Cumpreanos feliz' e agasallámola cunha ducha de bicos (para amosarlle o moito que queremos aos compañeir@s).

FELICIDADES CARLA E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS!!!!!!!!




10/20/2012

Outono

A semana pasada estivemos no outro edificio do Cole para ver a estupenda exposición de froitos de outono que fixeron os maiores, e ...
 ..... aproveitando que IAGO trouxo un tractor para a nosa "vendima", estivemos a recoller follas secas no capazo para levalas á "compostera", como nos dixo o profe Alberto.
Nicolás díxonos que el xa sabía onde era Compostela, ... e tivemos que aclarar a lóxica confusión.
Tamén atopamos castañas dentro dos seus ourizos, Jorge quedou prendido co mandilón nunha rama espiñosa de rosal, ... e andivemos observando, falando e ... conducindo todos un pouquiño o magnífico tractor de Iago.
Mirade as fotos!!!!!



... xa está a chegar o meeeedo.

Nas aulas e nos corredores de E.I. estamos a prepararnos para unha semana terrorííííífica.
Haberá un montón de sorpresas, ... que xa vos contaremos pouco a pouco.



Pintora: Maruja Mallo

    Na nosa clase seguimos a traballar a vendima, tamén a través da arte.
Estamos a coñecer un pouco da vida e a obra da pintora lucense Maruja Mallo.
... e pincelada a pincelada, un dos seus cadros máis coñecidos: "El racimo de uvas".
Gústanos moito pintar con acuarelas, .... xa veredes como van quedando.




10/14/2012

Orella pendella

Por se aínda non a coñecedes, quérovos amosar unha páxina de ditos, recitados, cancións... en galego que é moi interesante. Está ideada por Migallas, que poñen a voz a moitos dos ditos. Ademáis dende ela tamén accededes á súa páxina e podedes estar informados das súas actuacións e expectáculos, que son moi bos.
Botádelle un ollo que merece a pena...
E tamén queda no lado dereito do blog, para que a teñades fácil de visitar.



Facemos mosto

Despois de coller a uva... tocou facer o mosto!! Antes de ser viño, a uva estrullada dá un zume riquísimo!! E é un proceso ben divertido.
Aquí tedes a elaboración do mosto tinto que fixemos na aula de 4 anos:

10/11/2012

Clasificamos follas de parra

Seguindo co noso proxecto de Vendima, estivemos a observar as diferentes follas de parra e acios de uvas que trouxeron @s nen@s. Aproveitando os cadros sobre as vides que trouxo Raúl, intentamos clasificalas pola súa forma, según as redondeces ou picos, a cor... Foi interesante porque eran todas diferentes!!!

10/09/2012

Investigamos sobre a vendima

Na clase de 4 anos estamos a facer un pequeno proxecto de investigación sobre a vendima. Nas casas dos nen@s ou dos seus avós faise a vendima e eles e elas xa saben moooito do tema. Por iso nos trouxeron cousiñas moi interesantes para que os que sabemos menos aprendamos tamén.
Fixádevos nas fotos: hai de todo, dende debuxos onde nos amosan cómo se recollen as uvas (Dani, Gabriela, Carlota...); uvas moradas para facelo tinto (Ainara, Daniela...); tractores para levar as uvas ás bodegas (Diego, Gabriel...); unha prensa (Soraya); fotos vendimiando (Raúl, Silvia, Paula...) ata uns murais ben interesantes sobre as distintas variedades de vides (acios, follas, ramas...) de Galicia (Raúl).
MOITAS GRACIAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!!
Seguiremos amosándovos o que vamos investigando.