..... aproveitando que IAGO trouxo un tractor para a nosa "vendima", estivemos a recoller follas secas no capazo para levalas á "compostera", como nos dixo o profe Alberto.
Nicolás díxonos que el xa sabía onde era Compostela, ... e tivemos que aclarar a lóxica confusión.
Tamén atopamos castañas dentro dos seus ourizos, Jorge quedou prendido co mandilón nunha rama espiñosa de rosal, ... e andivemos observando, falando e ... conducindo todos un pouquiño o magnífico tractor de Iago.
Mirade as fotos!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario