12/26/2010

Festival de Nadal

Boas Festas e Feliz Aninovo, dende o Ceip As Covas.

12/13/2010

PINTORA: FRIDA KAHLO




























Os chicos e chicas de 5 anos estiveron a traballar a vida e a obra da pintora mexicana Frida Kahlo.
Como o tema proposto pola Biblioteca do Centro para este curso é a alimentación, fixeron a súa propia interpretación (con acuarelas) do cadro titulado "Sandías con leyenda: viva la vida", ... e quedoulles así.
Fixeron tamén un retrato de Frida e descompuxeron a súa foto nun puzle.
A profe Montse prestounos varios libros de Frida para que os miraramos na clase.
Raquel V.

12/06/2010

Cantamos os pitiños, o moucho e aquela de antes de dicia: polo fondo do mar....

Mirádeme! Son eu! Fíxate ben! .... algún e algunha tiñan a boca aberta!

O moucho .....

Polo fondo do mar......

Festival de Tino Baz en Meaño

O Ceip As Covas de Meaño polo 125 aniversario do falemento de Rosalía de Castro, fixo unha gran festa, para lembrar a súa obra, onde as nenas e nenos de primaria recitaron poemas e escoitamos a Tino Baz, acompañando polos nosos mestres: Paulo Nogueira e Alberto Giadanes.
Foi moi emocionante e moi fermoso, era o mellor homenaxe a unha das nais da nosa lingua, Rosalía está viva en todos nós.

Algúnhas e algúns quedamos abraiados coa aberta!

12/05/2010

TINO BAZ e Rosalía de Castro









O venres, día 3 de decembro, chegou á escola Tino Baz para cantarmos poemas de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de Infantil tiñamos ensaiadas dúas cancións co profe Alberto para cantalas con Tino.

Gustounos moito a súa actuación ... e cando arremangou o xersei vimos que tiña unha tatuaxe de Rosalía de Castro no brazo. Nós non tiñamos tatuaxe, ... pero levabamos unha pegatina no mandilón e unhas estreliñas nas palmas das mans.

Cando rematou de cantar, dixemos todos: OUTRA!!!! ... e cantou outra, ... e logo outra máis.

12/04/2010

PINTOR: SALVADOR DALÍ.






Na clase de 5 anos estamos a traballar un pintor ou pintora cada mes. No mes de outubro traballamos a Salvador Dalí. Partimos do conto "El pequeño Dalí" e metémonos un pouco na súa vida e na súa obra.
Fixemos un bigote moi longo para parecermos un pouco a Dalí ... e somos igualiños a el.
Tamén traballamos o retrato, e cadaquén fixo un retrato de Dalí.
Pintamos con acuarela "Muchacha en la ventana", e descompuxemos un cadro de Gala para faceren un puzle.
.... e quedounos así. 
Raquel V.