4/29/2015

O Maio.

Hoxe descubrimos que sabemos coser ... aínda que o fío escápase pronto das agullas.
Esta é unha festa preciosa: o Maio.
Participamos todos, fixemos colares e pulseiras, decoramos o maio ... e sempre con música.
Vaia "festorra". Pasámolo requeterrequete ben !!!!



4/27/2015

... viñeron da gardería municipal.

Hoxe estiveron nas clases de infantil as nenas e nenos de 3 anos da gardería municipal ... e as súas mestras. Repartímolos nas tres aulas, merendaron con nós, cantamos todos co profe Alberto na súa clase e logo xogamos no patio.
Na nosa clase estivemos a preparar as mesas cun mantel especial para os nosos invitados.
Son nenos e nenas moi alegres e cariñosos. Cando marcharon levaron todos un corazón co seu nome, un recordo do tema da biblioteca deste curso.
Encantounos que viñeran !!! ... e algúns serán alumnas e alumnos do cole o próximo curso.


4/24/2015

Día do Libro con Bilal Traoré

Hoxe, por fin chegou Bilal ao cole para celebrar con nós o Día do Libro.
Estivo na nosa clase e cantounos unha preciosa nana do seu país. Tocou o yembe con nós e tocamos os nosos yembes con el. É unha persoa moi cariñosa.
Máis tarde estivemos todos na aula de música practicando e tocando ... e finalmente contounos un conto africano.
Encantounos a actividade de hoxe !!!



4/23/2015

No teatro ....

Hoxe fixemos a primeira excursión deste curso a Pontevedra para ver unha exposición de pintura: obras de Picasso, Barceló ... Fixemos un obradoiro de grabado e pasámolo moi ben.
Logo estivemos no teatro. Foi una obra musical moi divertida "A nena e o grilo nun barquiño".
Sabedes ??? Viñeron con nós a profe Cris e os seus chicos de Xil.


4/17/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana rematamos os experimentos co grupo C.
Estiveron con nós: Alba, Arón, Candela, Nicolás, Alex, Ismael, Naiara, Sergio, Zaida, Alba P., Miguel e Nerea.
Experimento 5 : que alimentos se disolven na auga?




4/16/2015

Fai uns días, o papá de Nuria tróuxonos unha árbore moi especial para que a plantaramos no noso xardín. Lembrades que o ano pasado agasalláranos con outra? 
A de este ano chámase 'Ginkgo Biloba' e é moi especial porque fai moitos anos, cando unha bomba atómica destruiu a cidade de Hiroshima, un Ginkgo seco e destruido volveu brotar moito tempo despois! Un símbolo de renacemento, resistencia e esperanza!
Así que a plantamos, a regamos e iremos de vez en cando a vela, regala e coidala!!
Gracias ao papá de Nuria polo agasallo....e ao profe Alberto que nos axudou a facer o burato!!
Entre tod@s imos deixar un xardín ben lindo!










'A nena e o grilo nun barquiño'

A semana que vén (despois de moooooito esperar!!) vamos de excursión a Pontevedra a ver o espectáculo de Magín Blanco, 'A nena e o grilo nun barquiño'. Seguro que a moit@s de vós xa vos soa, por se acaso déixovos unha mostra, para que vaiades facendo ganas....


4/13/2015

Yembe

Sabemos que Bilal Traoré é un gran músico ... e que toca o "yembe".
O profe Alberto propúxonos facer un yembe para cada un e así poder practicar antes da visita de Bilal. Pareceunos unha idea estupenda.
Fixémolos con macetas e decorámolos con gomets. Aprendemos como se coloca entre as pernas e como hai que tocar coas dúas mans.
Sabedes ??? Na clase tamén temos un yembe de verdade ... e practicamos con el.
É requeterrequete divertido tocar !!!



4/10/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Este venres estivemos a facer outro experimento co grupo C.
Experimento 4: que líquidos non se mesturan ?



4/07/2015

Bilal Traoré

Dentro dunhas semanas imos recibir no cole a visita do poeta e músico senegalés Bilal Traoré para conmemorar  o Día do Libro.
Na nosa clase escollemos a súa poesía "Reir" ...  porque  nós sabemos moito de risas e sorrisos ja, ja.
Fixemos un mural moi grande e puxemos moitas fotos nosas. 
Nós empezamos pronto porque somos os máis pequenos do cole ...  e todo lévanos un pouco máis de tempo.
Mirade que ben nos quedou. !!! Esperamos que lle guste a Bilal.






4/03/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana fixemos outro experimento co grupo C.
Experimento 3: que obxectos flotan na auga ?