2/27/2014

Inglés en 3 anos

Esta semana a clase de inglés foi algo especial: como estamos tod@s tan content@s e emocionad@s co Entroido e máis concretamente co Peliqueiro, pintámolo para telo de recordo. Pero como Monkey non coñecía tal cousa (porque é de Londres e alí nunca o viron), os nenos e nenas de tres anos estivéronlle amosando e contando como vai e que ruído fai.









Semana de Entroido

Esta semana andamos un pouco atareados: o Mandadiño, que nos 'manda' traer posto cousas do máis orixinal; China,  país do que estamos aprendendo unha morea de cousas: cómo son as casas (as pagodas, coma a que fixemos entre tod@s para o noso corredor), qué se come en China, cómo son os aeroportos, etc...; o Rebola, que o vamos cantar no desfile... e o que máis nos gusta (aínda que tamén nos dea un pouco de medo a algún@)...son os recreos: co Peliqueiro, a Pantalla e o Volante de Chantada...que nos andan a tocar as chocas e facernos 'rabear' de risa!!
Mañá é o Gran Día do Entroido... se o tempo o permite, faremos o desfile ata a praza e logo comeremos  os doces típicos que nos achegan as familias.
Que emoción!!!










2/14/2014

Crocodilo namorado

"Hai días que Crocodilo está inquedo. Ás veces ten frío, ás veces ten calor, ás veces está moi triste... O que lle pasa é que está NAMORADO..."

Se pinchades na imaxe, veredes este fermoso conto, moi apropiado para estes días en que Cupido anda moi atareado...