Esta semana andamos un pouco atareados: o Mandadiño, que nos 'manda' traer posto cousas do máis orixinal; China, país do que estamos aprendendo unha morea de cousas: cómo son as casas (as pagodas, coma a que fixemos entre tod@s para o noso corredor), qué se come en China, cómo son os aeroportos, etc...; o Rebola, que o vamos cantar no desfile... e o que máis nos gusta (aínda que tamén nos dea un pouco de medo a algún@)...son os recreos: co Peliqueiro, a Pantalla e o Volante de Chantada...que nos andan a tocar as chocas e facernos 'rabear' de risa!!
Mañá é o Gran Día do Entroido... se o tempo o permite, faremos o desfile ata a praza e logo comeremos os doces típicos que nos achegan as familias.
Que emoción!!!
Mañá é o Gran Día do Entroido... se o tempo o permite, faremos o desfile ata a praza e logo comeremos os doces típicos que nos achegan as familias.
Que emoción!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario