3/29/2016

Na mesa ...

Hoxe estivemos moi ocupad@s. Temos moito material e moi variado nas aulas ... 
Así traballamos as matemáticas, a atención e outros conceptos. Cadaquén escolle o que lle gusta ...
en solitario ou en pequeno grupo ...



3/10/2016

Aniversarios en 4 anos !!!!

Hoxe celebramos na nosa clase o aniversario de Alba, que é a primera da clase que cumple 5 anos.
Estivemos na cociña decorando o biscoito con lacasitos e comendo e cantando. Alba apagou as 5 candeas dun soplido !!!!
Este ano 2016 comezamos unha actividade nova para os aniversarios .... aproveitando que o tema proposto pola biblioteca é "a pintura". Cadaquén, o día do seu aniversario, pinta un cadro na aula, e pode elixir soamente 3 cores para facelo. Non vos preocupedes os que cumprides anos nas vacacións ... farémolo tamén. 
Cando remate o ano 2016 .... a nosa aula estará decorada cos 15 cadros d@s alumn@s ... e se algún profe se anima .... tamén.