11/29/2013

Pintor: Laxeiro

Na nosa clase estivemos a coñecer a vida e algunha das obras de Laxeiro.
Como levamos todo o trimestre traballando o retrato, eliximos unha das súas obras máis coñecidas: "A miña filla".
Decidimos pintar o cadro con acuarelas, que é bastante difícil, ... pero xa tiñamos aprendido en cursos anteriores coa profe Luisa. Aquí están os nosos traballos !!!!
.... xa vos contaremos máis cousas sobre este pintor e a súa obra.



11/27/2013

Os dinosauros viñeron a Vigo

...E os nenos e nenas de 4 e 5 anos  (coas súas mestras), os foron ver.
Ao principio, a algún nos daba un pouco de medo, pero @s nen@s maiores nos tranquilizaban dicindo que 'eran robots de dinosauro' e que o ruído que facían era 'unha cinta'... Non sei, non sei se eran tal, pero enseguida perdemos o medo e pasámolo fenomenal!!!
Demos un paseo vendo os dinosauros grandes, pequenos, os que comían follas, os que comían outros dinosauros, con ás, con grandes dentes...
Vimos unha peli en 3D e rematamos facendo unha foto tod@s xunt@s.



11/25/2013

A pintar...

A semana pasada, na clase de 3 anos, fixemos o mural para o concurso de Nadal do Concello.
Como nos sobraba pintura, ocorréusenos facer un debuxo 'abstracto', con pincel, de moitas cores... e quedaron ben bonitos!!

11/20/2013

Castañas, castañas... Magosto!!!!

Celebramos no cole o Magosto... 
Xogamos por equipos mentras se asaban as castañas e despois as comemos no patio coas familias. 
Gracias por colaborar e por vir.

11/08/2013

"La Dama del Otoño"

As cores desta estación son verdadeiramente bonitas, e na nosa clase estivemos a traballala a través da arte.
Non sabemos quen é o aut@r desta obra, pero a eliximos por como representa o outono.
Primeiro realizamos a obra individualmente e logo fixemos un grandíííísimo mural para a nosa aula. Levounos moito tempo e traballo ... pintamos con pincel e esponxas, pegamos follas secas e fixemos algún amaño de última hora.
"La Dama del Otoño" quedounos así.



11/03/2013

DALÍS-VAMPIROS NO SAMAÍN !!!

Participamos na festa do Samaín e este curso non tivemos meeeeedooooo !. Foi moi divertida !.

BENVIDO OUTONO !

Os nenos e nenas de 4 anos deron a benvida ao outono facendo galletas-pizza de cabaza. Estaban ben ricas !.