11/28/2014

Obradoiro: ciencia e experimentos.

Esta semana volvemos cos experimentos, e acompáñanos o grupo B.
Como xa están todos os experimentos explicados en semanas anteriores, soamente presentamos ao novo grupo e as experiencias.
Experimento 1: que bebidas inchan a barriga?


11/22/2014

Filosofía para nenos en Infantil

Hai dous anos, alá polo 2012, comezamos o Proxecto Miroscopio (Filosofía para nenos), facédelle unha ollada ao inicio e logo á actualidade. 
 

Agora mirade dous anos despois as mesmas nenas e nenos.
Como cambiamos!


 
 

Magosto




11/21/2014

Obradoiro: ciencia e experimentos

Hoxe rematamos a primeira ronda de experimentos. Estivemos estas seis semanas o grupo A, formado por Eva, Jairo, Isaac, David, Aldara, Anxo, Aitor, Diego, Elena, Omar, Rafael e Daniel.

Experimento 6: que alimentos se disolven na auga ?
Precisamos fariña, azucre, arroz, cacao, lentellas, vasos transparentes, auga e un pau para remexer.
Primeiro fixemos as nosas propostas e logo comprobamos.
Botamos auga nos vasos transparentes e fomos engadindo en cada un a fariña,  o azucre, o arroz, o cacao e as lentellas. Logo remexemos ... e a esperar.
Comprobamos que as lentellas e o arroz non son solubles na auga,  mentres que a fariña, o azucre e o cacao disolvéronse moi pronto.
Mirade como o fixemos ...




11/14/2014

Magosto

Este ano tivemos o Magosto moi divertido. Na clase estivemos toda a semana a facer uns bolsos de "Maricastaña" para ese día tan especial.
Sabedes ???. Estiveron con nós a profe Cristina e @s seus chic@s da escola de Xil.
Tiñamos preparado un circuíto de xogos: a ra, o baile da castaña, os aros, as cadeiras e a busca do tesouro. Os grupos estaban formados coas edades mesturadas, para que fose máis divertido e os maiores axudaran aos peques. Viñeron mamás e papás e comeron castañas con nós.
Que ben o pasamos !!!!!.




11/13/2014

Cores primarias.

Xa temos pintado algunha vez con pincel ... pero hoxe o fixemos soamente coas cores primarias: vermella, amarela e azul.
Como Nicolás era o "encargadillo" tivo o gran honor de pintar no cabalete de madeira, outros pintaron nas pirámides e outros na mesa.
A idea era experimentar coas tres cores ... e o resultado foi sorprendente: apareceron o laranxa, o verde ... 
O azul cubriu algunas obras case por completo.
Xa sabemos como é unha pirámide... e que as cores escuras tapan ás claras.
Así quedaron as nosas obras.


11/08/2014

Psicomotricidade en 3 anos

Nas clases de psicomotricidade facemos cousas como:

Xogos de coñecemento: pasamos o saquiño e dicimos algo que nos gusta ou imitamos un animal. 
Se coincidimos, dámonos unha aperta.


 




Xogamos cos aros: 'Somos uns artistas'. Primeiro, experimentamos con eles, metémonos dentro, andamos por riba, facémolos rodar... E despois, en corro, cada un amosa o que sabe facer e os demáis lle damos un aplauso.
Despois contamos o conto do paxariño, que durme no seu niño; cando sae o sol empeza a despertar, vai voando, buscando comida, subindo ás árbores.... e logo, cansiño, volve ao seu niño.




 EXPERIMENTAMOS...


 

'SOMOS UNS ARTISTAS':

 

'SOMOS PAXARIÑOS':



                         


CIRCUÍTO: Por debaixo do túnel, por riba do rodillo (coidado ao caer!!!), salto de aros e darlle co saquiño á pantasma....


 



 











11/07/2014

Obradoiro: ciencia e experimentos

Esta semana rematamos cun novo experimento.
Experimento 5: que líquidos non se mesturan?
Precisamos mel, auga, témpera, aceite, vasos transparentes e unha xerra.
Primeiro fixemos as propostas e logo comprobamos.
Botamos o mel no vaso transparente e logo, con moito coidado, engadimos auga tinguida de cor vermella ... e deixamos repousar un pouco. Finalmente engadimos o aceite e deixamos repousar outra vez.
Foi un poco difícil botar o mel nos vasos, porque é moi espesa, por iso contamos coa axuda dos maiores do noso grupo.... eles apretaron con moita forza o bote do mel.
Comprobamos que non se mesturan os 3 líquidos, que podemos distinguir perfectamente as tres capas ben diferenciadas. É debido ás diferentes densidades dos líquidos empregados.




11/06/2014

COUSAS DE COVIÑA...

Coviña chegou das súas vacacións en Mallorca e... resulta que está namorada!!!! Como será iso de estar namorada? De quen?? Cantas preguntas!!
O outro día, cando estabamos na clase de 3 anos facendo 'Filosofía', falando do medo, dos sustos, dos ruídos... PETARON NA PORTA!! Que coincidencia! 
Era Coviña que nos traía unha caixa cunha carta (na que nos contaba todo...), cartas para casa,  un conto de AMOR e... moitos corazóns! Non hai dúbida de que Coviña está contenta e nos puxo content@s a nós. 
E nos animou a facer un 'MUSEO DO AMOR'... a ver qué se nos ocorre...




 



11/03/2014

Polo outono...

Visitamos á nosa árbore adoptada: o mandarino.Cantámoslle un pouquiño.
Pintamos follas secas e as transformamos en monstros, despois de ler o conto de Onde viven os monstros.



En equipos cooperativos entrevistamos aos compañeiros/as coa pregunta A que lle tes medo ?.Fixemos un rexistro coas respostas.





Celebramos o Samaín !!






Fixemos un bolsiño de bruxas e bruxos para meter dentro o texto da receita do "elixir do amor " que creamos entre todos e todas.Agasallamos unha copia aos nosos irmáns e curmáns que están na escola.