5/31/2014

Alternativa

Nas clases de Alternativa, este ano, estamos traballando as emocións, o diálogo, os contos, as dramatizacións, o respecto aos outr@s, ser amable e educad@, etc. 
E para iso, moitas veces empregamos un conto e a partires de aí, falamos, debuxamos, facemos fotos...


 Primeiro, empezamos por 'CUANDO ESTOY CONTENTO'.
Falamos de cándo estamos content@s, qué cousas nos fan rir, qué nos gusta...
E, cando estamos content@s, poñemos estas caras:













5/28/2014

TRUFAS DE CHOCOLATE

Elaboramos trufas de chocolate coa receita do libro Nicolás sin fuego. Estaban delicious !!





















5/16/2014

Letras Galegas 2014

Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro.
Na clase de 5 anos estivemos a traballar a poesía Esmeralda.
O profe Alberto coa súa guitarra púxolle música ... e para nós foi moitíííísimo máis fácil de aprender.
Grazas profe Alberto !!!!

ESMERALDA

Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿por que de ser pequena
te me avergonzas ti?

¡ O Universo sería
máis pequeno sen ti ?





5/06/2014

Popurrí de animales

Este año, en la clase de Psicomotricidad, conocimos al Mago Pincelín, que nos cuenta cuentos motores y nos enseña juegos y circuitos muy divertidos.
 Éste, en concreto, se llama Popurrí de animales, y consistía en que nos convertíamos en serpientes (y teníamos que reptar); pájaros (volámamos con una pajita en la boca); tortugas (con un saquito en la espalda); cangrejos (con un saquito en la barriga) y ranas (saltábamos los aros/charcos).

Día do libro

O pasado 23 de abril, celebramos o Día do Libro no cole dunha maneira moi especial... Pedimos colaboración a outros profes voluntarios para virnos contar contos ás nosas clases... Foi coma no conto 'A noite das mudanzas', os profes cambiaron de aulas para contar os seus contos favoritos... A tres anos veu o profe Alberto a contarnos 'A casa da mosca chosca'; en 4 anos, a profe Yani contounos 'A cebra Camila'... e en 5 anos, a profe Monse contounos 'Voy a comedte'. Foi unha experiencia moi chula, así que cando queirades repetir...aquí vos esperamos!!!


Víchedelo Maio...

O pasado mércores, 'démoslle a benvida' ao Maio facendo o noso Maio dos pequeniños, como novidade este ano. O papá de Brais e Iria, fíxonos un ben bonito!!! Moitas grazas, outra vez! 
Estivemos facendo colares de pampullos para nós... e logo tamén para o Maio. 
Veu ás nosas clases o profe Alberto ensaiar a copla do Maio (tamén especial para nós) e maquillámonos de 'maio', con flores de cores. 
Despois, no recreo, decoramos o maio con laranxas, fiúncho, cadeas de ovos e flores...e coa gran axuda dos nen@s maiores e os seus/as súas profes... que traballaron toda a mañá a reo para que todo quedara perfecto... e ao final, recollido!! 
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!! 
Para rematar a festa xuntámonos tod@s ao redor do maio para cantar as coplas.



5/05/2014

Conto de Coviña

Para celebrar a Semana do Día do Libro, unha das actividades que se levaron a cabo dende a Biblioteca do Cole, foi que os rapaces e rapazas de 6º foran polas aulas contando 'O conto de Coviña'.
Aquí tedes unha mostra: a clase de 4 anos e a de 3:


 Como podedes ver abaixo, na clase de 3 anos, estivemos moi atentos a Eloi, Simón e Rubén e soubemos qué debuxos son os que máis lle gustan a Coviña, qué cancións, cáles son os seus contos favoritos, a qué lle ten medo... 
Cando queirades volver a contarnos historias... xa sabedes onde estamos!!