5/16/2014

Letras Galegas 2014

Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro.
Na clase de 5 anos estivemos a traballar a poesía Esmeralda.
O profe Alberto coa súa guitarra púxolle música ... e para nós foi moitíííísimo máis fácil de aprender.
Grazas profe Alberto !!!!

ESMERALDA

Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿por que de ser pequena
te me avergonzas ti?

¡ O Universo sería
máis pequeno sen ti ?





Ningún comentario: