1/29/2016

Día da Paz

Hoxe celebramos o Día da Paz no cole.
Todas as parellas sacamos ao patio o noso "Guernica". Fixemos un gran círculo para ver a representación dos maiores ... leron un manifesto ... e cantamos "Amiguiños todos "
Foi un día moi especial !!!


1/28/2016

Parellas da Paz

Hoxe estivemos a facer un corazón moi especial  para a nosa parella da Paz .... que eran @s chic@s da profe Angie de 3º A.
Viñeron para facer unha actividade de todo o cole: construír un puzzle de "O Guernica", de Picasso.
Tamén falamos do que representa o cadro: os bombardeos... a guerra...
Foi moi divertido traballar cos maiores !!! 
Mañá celebraremos a Paz no patio do cole ... tod@s xunt@s.




1/22/2016

Obradoiro pintura: "Paul vestido de arlequín", Picasso

O obradoiro de pintura deste venres consistiu en facer un cadro entre tod@s. Decidimos facer a proposta da meiga Coviña desde a Biblioteca: "Paul vestido de arlequín" de Pablo Picasso.
Fixémolo por partes. Era un pouco difícil .... pero nós xa pintamos moi ben con pincel !!!!
Quedounos así..


1/11/2016

Festa do xoguete

Hoxe fixemos a "festa do xoguete" na clase. Trouxemos da casa un xoguete dos mooooooitos que deixaron Papá Noel e os Reis Magos este Nadal.
Estabamos encantad@s de ensinalos a@s compañeir@s e de compartilos !!!
Levamos unha sorpresa co que trouxo Alba : carbón de azucre. Estaba riquísimo !!!





1/08/2016

Obradoiro pintura: "Outono", Arcimboldo

Este venres, despois das festas de Nadal, estivemos a traballar o cadro "Outono" de Giuseppe Arcimboldo. Falamos do que representa o cadro e descubrimos moitos froitos típicos do outono no retrato. É un cadro diferente... !!!




1/06/2016

Calendario 2016

Coma todos os anos, na nosa escola elaboramos un calendario co tema da biblioteca. 
Este ano, aos nen@s de 3 anos tocounos o mes de DECEMBRO.
Eleximos un cadro de Pieter Bruegel ('Censo en Belén') e cuns pequenos retoques... quedounos así:


FELIZ ANO NOVO!!!

Festival de Nadal

Quentiñas, quentiñas, aquí están as fotos do noso festival.

Como ben sabedes, ao estar o pavillón en obras a única opción que nos quedaba era a Casa da Cultura, pero creemos que o esforzo mereceu a pena. Puidemos compartir con todos vós o espíritu destas festas, e levarnos un gran recordo coas actuacións destes pequenos artistas.



Deixámosvos as fotos para compartir con aqueles que non puideron acudir e, coma sempre, se vedes que algunha foto non debería estar pública pois avisades e se retira o antes posible.




Un saúdo, e os nosos desexos de que teñades unhas datas moi entrañables, con moito tempo de xogo e un Feliz Aninovo!