6/13/2017

Anivesarios ...

Hoxe estivemos a celebrar na cociña os aniversarios do 3º trimestre.
Sopraron as 6 candeas ... Candela, Daniel, Yago, Lara, Lucas e Omar.
Foi unha festa ben fresquiña, con xeado de vainilla e chocolate, barquillos e birutas de chocolate.
Parabéns a todos ... Os próximos aniversarios xa serán e primeiro.
Biiiiicos ... e máis biiiicos !!!!



Gonzalo Moure ... escritor

Hoxe estivo no cole o escritor Gonzalo Moure. Nas aulas estivemos a traballar desde fai uns meses un dos seus libros " El oso que leía niños" .
Estivemos na aula Balbino ... levamos os nosos traballos e tamén o libro.
Explicounos cómo escribíu o libro ... por que o oso protagonista se chama Ñum Ñum ... a importancia de valorar a natureza que nos rodea ... Ten un caderno onde vai escribindo as ideas que ten ... e que logo transforma en historias.
Logo ... firmou o libro que levabamos.






6/12/2017

... pío ... pío

Hoxe estivemos a visitar a incubadora ... porque deste segundo intento, estabamos seguros de que naceran os pitiños. 
... e así foi !!! ... Foi un momento moi especial ... caían moito ao poñerse de pé ... andaban abaneando para os lados. Nós falabamos baixiño para que non se asustaran. Démonos conta de que lles gusta estar moi xuntos, para darse calor. 
Co paso dos días irán nacendo todos ... e xa vos iremos contando.


6/09/2017

... de visita en 1º de primaria

Hoxe estivemos na clase de 1º !!!!. Levamos varios días falando na clase do que pasará o próximo curso ... cando esteamos en 1º. Xurdiron moitas preguntas ... moitas dúbidas ... moitas cousas que non sabemos, e queremos preguntar ás chicas e chicos da profe Magoia.
Como coidades o material? ... Por que non levades mandilón? ... Facedes asemblea e contades noticias? ... Tedes "encargadillo"? ... Tedes xoguetes ... e rincóns? ... Facedes Filosofía? ....
As chicas e chicos de 1º contestaron todas as nosas preguntas, leron para nós, e gustounos mooooito a visita. Estivemos moi a gusto  ... e Omar e Arón saudaron aos seus irmáns maiores ... Ismael e Gael.
Cando marchabamos, quedamos en buscarnos no recreo para merendaren xuntos.





6/02/2017

... no plató de Master Chef

Como xa sabedes, co proxecto da Biblioteca "Encende Tele Coviña", convertemos a clase de 5 anos nun plató de Master Chef.  Levounos moito tempo ... moito traballo ... e bastantes ensaios .... e tamén moitas risas !!!!.
Gozamos moito coa preparación da clase, tinguindo o arroz, os ovos, os macarróns ...  Xa ben cedo estivemos a disfrazarmos de cociñeiras e cociñeiros  ... 
Esperamos que vos gustase a todos a viaxe polo noso cole ... Nós  pasámolo moi ben.
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.