6/09/2017

... de visita en 1º de primaria

Hoxe estivemos na clase de 1º !!!!. Levamos varios días falando na clase do que pasará o próximo curso ... cando esteamos en 1º. Xurdiron moitas preguntas ... moitas dúbidas ... moitas cousas que non sabemos, e queremos preguntar ás chicas e chicos da profe Magoia.
Como coidades o material? ... Por que non levades mandilón? ... Facedes asemblea e contades noticias? ... Tedes "encargadillo"? ... Tedes xoguetes ... e rincóns? ... Facedes Filosofía? ....
As chicas e chicos de 1º contestaron todas as nosas preguntas, leron para nós, e gustounos mooooito a visita. Estivemos moi a gusto  ... e Omar e Arón saudaron aos seus irmáns maiores ... Ismael e Gael.
Cando marchabamos, quedamos en buscarnos no recreo para merendaren xuntos.





Ningún comentario: