1/31/2011

Día da Paz no Ceip As Covas

O venres celebramos na escola o acto conmemorativo do Día da Paz e non violencia. Un momento especial para compartir o noso desexo de paz. Con este vídeo queremos tamén compartilo con tod@s vós.


"A violencia é o medo aos ideais dos demais". Mahatma Ghandi.






1/26/2011

... e seguimos coa PAZ


Os nenos e nenas de 5 anos xa comezamos a traer os cartos que nos deron na casa por vender os nosos marcapáxinas pola Paz.

Metémolos nun buzón que hai na entrada do Colexio.

Hoxe na clase tamén aprendimos a facer un avión de papel. Algúns voaban mellor ca outros ... pero foi moi divertido. Temos que practicar máis.


Xa vos iremos contando para que son os avións ....




1/24/2011

Estamos a traballar a PAZ



O día 30 de xaneiro é o día da Paz.

Na aula de 5 anos empezamos a semana pasada recordando a Gandhi e como pasou a súa vida axudando aos demais. Tamén estamos a aprender unha poesía de Gloria Fuertes: sólo tres letras.


Todo o Colexio vai colaborar coa O.N.G. Fundación Vicente Ferrer, facendo uns marcapáxinas pola Paz.

Nós fixémolos con distintas técnicas: pegamos tecidos de moitas cores, botóns, pezas pequenas de mosaico, pompóns ... e tamén pintamos con témperas e acuarelas. Mirade que  preciosísiiiiimos quedaron. Cando os rematemos todos, venderémolos ás nosas familias.

1/11/2011

CONCURSO DE MURAIS DE NADAL DO CONCELLO DE MEAÑO














Os nenos e nenas de infantil participamos no concurso de carteis de Nadal organizado polo Concello de Meaño. As propostas foron variadas e orixinais empregando distintas técnicas, materiais plásticos e moito entusiasmo e creatividade. Participamos as catro aulas de infantil e tivemos a sorte de obter nun dos carteis o 1º premio (4 anos).