1/26/2011

... e seguimos coa PAZ


Os nenos e nenas de 5 anos xa comezamos a traer os cartos que nos deron na casa por vender os nosos marcapáxinas pola Paz.

Metémolos nun buzón que hai na entrada do Colexio.

Hoxe na clase tamén aprendimos a facer un avión de papel. Algúns voaban mellor ca outros ... pero foi moi divertido. Temos que practicar máis.


Xa vos iremos contando para que son os avións ....




1 comentario:

Nuri dixo...

Hola nenos/as da clase da profe Rauqel, son a profe Nuria do ano pasado, ao mellor xa non vos lembrades de min.Quero felicitarvos polo ben que traballades e polas cousas tan chulas que facedes no voso blog, noraboa!Ai, case me esquezo, estou xa entre as vosas seguidoras.Bicos dende Cangas.