9/29/2013

ACABOU O VERÁN !

Os nenos e nenas de 4 anos tiñan moitas ganas de voltar ao cole. Traen moitas ganas de aprender.Entre todos decidiron investigar sobre os cabalos. A profe Noelia e a profe Lidia queren facer xuntas un proxecto relacionado coa arte. Decidiron investigar a Salvador Dalí. Para comezar non está mal!. Feliz curso 13-14 a tod@s.

9/19/2013

Pintora: Maruja Mallo

Ao longo deste curso na nosa aula traballaremos a  varios pintores e pintoras. Coñeceremos un poco da súa vida, do seu traballo ...
Comezamos este obradoiro de arte coa pintora lucense Maruja Mallo ... e como agora estamos en tempo de vendima, interpretamos unha das súas obras "Racimo de uvas".
Fixémolo así ... mirade alguhas delas.



9/11/2013

Comezamos ...

Hoxe chegamos de novo ao cole. Na nosa clase somos 18 chic@s. Temos unha nova compañeira e chámase Arancha. Estivemos a presentarmos e ela tamén contounos moitas cousas.
Iremos coñecéndonos pouco a pouco.
Xa vos iremos contando cousas ....
Ja, ja, ja ... sabedes? Somos os maiores de Infantil.   Como nos gusta estar xunt@s outra vez !!!!