6/16/2014

Visita a 1º

Hoxe fixemos unha visita ás aulas de 1º A e 1º B. Tiñamos preparadas unhas preguntas para os chicos e chicas da profe Magoia e a profe Laura: "por que non levades mandilón?", "como son os exames?", "tedes encargadillo?", "a que xogades no patio?" .... e moitas máis.
Con moooooita paciencia contestaron a todas elas e nos ensinaron as súas aulas e como traballan.
En 1º B escoitamos atentos o conto "Nicomedes o pelado", e en 1º A fixeron un debuxo para cada un de nós. Moitas grazas a todos e ás súas mestras.
Logo, no patio, merendamos xuntos e xogamos.
Que grande é o patio dos maiores ... e que duro !!!. Gabriela e Tania cairon e pelaron un poco os xeonllos.




6/13/2014

Cumpleaños feliz

Cada trimestre celebramos os aniversarios compartindo rosca e tarta ... e soprando as candeas.
Estes son algúns dos momentos divertidos e golooooosos deste curso.
Parabéns !!!



6/12/2014

Area, area, area!!!


Este ano non puidemos disfrutar moito do areeiro...
porque non paraba de chover, e medraba a herba nel.
Pero, por fin... estes últimos días de cole e de calor...
xa o puidemos estrear e estase tan ben á sombra!!!





Cumples 3 anos 3º trimestre

Esta semana celebramos os cumples de Sergio, Natalia e Zaida,  que cumplen no terceiro trimestre.
A de esta vez, foi unha celebración especial, porque ao lado da cociña, na aula de música, estaban ensaiando para o festival os nenos e nenas de 1ºB co profe Alberto, así que, escoitabamos a música...
Ao rematar, pedimos permiso para ver o ensaio... e dixéronnos que si!!




Excursión a Lalín

Para rematar o curso, fixemos unha excursión conxunta todo alumnado e profesorado do Cole.
Este ano, visitamos 'A casa do Patrón', en Lalín. Un conxunto de casas e roteiros na natureza, onde fixemos un obradoiro de queixo, coñecemos cómo se vivía antes nas aldeas, qué oficios máis tradicionais se levaban a cabo, cómo facían o pan, cómo mallaban, cómo facían a roupa de la, nos telares, etc.
Comemos e merendamos tod@s xunt@s no prado... Demos un paseo pola sombra... e á volta, no autobús, foron quedando durmidos (algúns e algunhas...)

Despedida de Claire

6/09/2014

Claire

Este curso, a axudante de conversa Claire, estivo con nós en clase de inglés axudando á profe Bea.
Xa non volve o próximo ano, por iso estivo a despedirse e trouxo chuches para todos ... e levou un montón de bicos e abrazos nosos.
Boa sorte en Dinamarca o próximo curso.!!!




6/04/2014

PEQUE-VISITA


O pasado xoves visitáronnos os nenos e nenas da gardería e mais os que viñan con papi e mami, para coñecer o seu novo cole a partires de setembro.
Saímos a darlles a benvida ao corredor, todos e todas @s de Infantil, pero en especial os irmáns maiores, Gael e Héctor, que abrazaron moi contentos a Arón e a Noel.
Logo, merendamos nas aulas, un grupiño en cada curso e, como chovía e non puidemos dar un paseo polo xardín... pois fomos á biblioteca a contar uns contiños.
Ao final baixamos á aula de música e o profe Alberto (coa guitarra!) cantounos 'O moucho', 'Pan de millo', 'A abuela Manuela'...
Esperamos que o pasaran fenomenal...e veñan con moitas ganas de máis en setembro!!





6/03/2014

Concurso literario 'Letras Galegas'

Con motivo das Letras Galegas, participamos no concurso literario do Concello de Meaño. Este ano, en Infantil, achegamos 5 murais, dos contos: 'Corre, corre, cabaciña'; 'Maripepa, a bolboreta'; 'Sacapenas'; 'O soldadiño de chumbo' e 'A tartaruga que quería durmir'. E resultou premiado: 'O soldadiño de chumbo'. Noraboa, rapaces e rapazas de 5 anos!!!

Escola "Happy", alumnos "Happys"

Os alumnos e alumnas do Ceip As Covas deciden....
mover o esqueleto!!!

3