11/30/2016

En outubro...

En outubro comezamos o Proxecto do outono:

Na asemblea cantamos cancións de outono, recitados de duendes de outono, de chuvia...
Trouxemos da casa elementos do outono para a nosa 'Mesa de Estación': follas, paus, castañas e ourizos, landras, millo, etc.
Pintamos os nosos 'monstros de outono'...


Este curso, como facemos tantas actividades, veñen tantos profes ou cambiamos tanto de espacios, necesitabamos ter un HORARIO, grande, con fotos, para saber qué temos en cada momento. Levamos un pequeno para casa, pero na aula temos un ben grande. Así é como o elaboramos:






Puxemos foto co profe de Psicomotricidade (Jesús) os luns, co profe Alberto de música os martes; coa Profe Pili para ir á Biblio (luns e mércores), para ir a Informática (os xoves), para Acción Educativa... coa Profe Lourdes en Relixión (os martes), coa Teacher Bea temos Inglés (os mércores).... e logo temos numerosas rutinas: asemblea, tempo de mesas, recunchos, matemáticas divertidas, relaxación, Filosofía, Talleres... sen olvidar, merenda, aseo, recreo...






Tamén este mes celebramos o Samaín. Comezamos un proxecto sobre o Medo. Cantamos cancións de monstuíños e bailamos coma eles... Contamos contos de medo e o Búho Pepe nos fixo preguntas sobre o medo (a qué lle tiñamos medo e se os demáis terían os mesmos medos ca nós...e qué facemos cando temos medo) Así que se nos ocorreu preguntar ás familias a qué lle teñen medo e que a Pantasma Comemedos levara todos os nosos medos...


Entre tanto, Coviña 'invitounos' a entrar na 'Aula do Medo' e.... daba auténtico teeerrrrrrroooooorrrrrr!!! Pero temos moita valentía e entramos..... alí escoitábase unha música terrorífica, estábase completamente nas escuras e había unha caixa para gardar debuxos de medo....e participar nun concurso de debuxos e relatos arrepianteeeessssssssss!!!!!!!!





Decoramos cabazas para o Mural do Samaín. Para iso, cada un elixiu, contamos, e fomos pedir as fotocopias que necesitabamos.




 Tamén fixemos unha receita espeluznante......MORCEGOS DE OREO!!!!!






E no Día Grande do Samaín, trouxemos unhas cabazas preciosiiiiiiisimas e terrorrriíííficas da nosa casiña...

11/25/2016

Aniversarios con pintura

Este mes de novembro cumpriron 5 anos Rafael, Elena e Noel ... e como vimos facendo todo o ano, cadaquén pintou o seu cadro.
Mirade que chulada !!!!





11/24/2016

En setembro...

Setembro pasou moi rápido, volvemos a estar xuntos, a xogar xuntos, contámonos as nosas cousas...
E acordamos unhas normas entre todos e todas para que a convivencia sexa respectuosa.
Para facer o mural das nosas normas, primeiro dialogamos sobre o que eran a normas, por qué son necesarias, e cáles nos parecían as máis importantes... Despois, entre tod@s as escribimos no ordenador/pantalla e logo no mural.
Así o temos nun lugar ben visible, para que non se nos esqueza ningunha!!





Tamén en setembro empezamos a dedicar uns momentos da semana, despois do recreo, a relaxarnos e facer xogos de atención plena.
Ao chegar do recreo, temos preparada un mandala e unha candea, música tranquila e nos sentamos en círculo ao redor. Cantamos unha canción, pechamos os ollos, imaxinamos... e logo xogamos a pensar, a adiviñar, cos sentidos... (Filosofía para nen@s)