9/29/2015

....somos nós.

Medramos moito este verán... todos o din. Xa non somos os máis pequenos do cole.
Xa estamos aquí !!!



9/25/2015

Obradoiro: pintura "puntillismo".

Esta semana no obradoiro de pintura traballamos unha técnica diferente: puntillismo.
Consiste en rechear unha figura con puntiños, golpeando con suavidade o lápis ou rotulador.
Escollemos a "plantilla" dun cadro moi famoso "A Gioconda" de Leonardo da Vinci.
Nós preferimos chamala Monalisa... failles moita graza ese nome aos nen@s.
Gustounos moito como quedaron os traballos. Miraaaade !!!


9/18/2015

Obradoiro: pintura (mural).

Comezamos os obradoiros de pintura esta semana... 
Partimos do principio... "a Prehistoria"... e a mellor forma de empezar é cun conto: "Croniñón".
Gústanos moito este conto na clase !!! E gústanos temén pintar coma el.
Fixemos un mural entre tod@s. Que ben o pasamos manchando a nosa cova !!!



9/17/2015

Comezamos o curso 2015/16 ...en 4 anos

Este curso fixemos a reunión coas familias cunha presentación en imaxes para explicar como se vai desenvolver o horario lectivo, cales son as mestras e mestres que dan clase na nosa aula, as actividades que propoñemos nos obradoiros, as festas que imos celebrar no colexio, algúns dos temas que imos traballar cada trimestre... e uns consellos importantes nos que pedimos a vosa colaboración. Tamén podedes atopar esta presentación na pestana FAMILIAS.
Moitas grazas !!!