Este curso fixemos a reunión coas familias cunha presentación en imaxes para explicar como se vai desenvolver o horario lectivo, cales son as mestras e mestres que dan clase na nosa aula, as actividades que propoñemos nos obradoiros, as festas que imos celebrar no colexio, algúns dos temas que imos traballar cada trimestre... e uns consellos importantes nos que pedimos a vosa colaboración. Tamén podedes atopar esta presentación na pestana FAMILIAS.
Moitas grazas !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario