1/30/2015

Paz

Este curso puxemos en práctica no colexio unha dinámica moi interesante: mesturamos ao alumnado das distintas aulas. Así 6º e 3 anos estivemos na nosa clase. Trátabase de colaborar nunha actividade conxunta de todo o cole para celebrar o Día da Paz. Buscamos nos xornais noticias positivas e noticias negativas que pegamos en cartóns de leite. Despois cada parella fixo un retrato do seu compañeir@. Quedáronnos moi graciosos !!! 
Logo na aula de música debuxamos o símbolo da paz no chan coas noticias positivas e fixemos un muro coas noticias negativas. Os maiores leron mensaxes ..... e ao final da sesión os peques derrubaron o muro.
Gustounos moito a tod@s esta experiencia. !!!



Aula de Informática

As nenas e nenos de 3 anos comezamos a ir un día á semana a Informática.
Alí temos ordenadores nos que xogamos a manexar o rato,  'pintar' na pantalla, facer parellas, puzzles, coñecer números, letras, conceptos matemáticos e formas xeométricas... etc. E tamén utilizamos a pizarra dixital (que nos encanta!!)

Pedímosvos que se tedes ordenador na casa acompañedes aos vos@s fill@s  mentres 'practican' co rato.

 Os xogos están collidos da páxina web: http://www.educalandia.net/alumnos/infantil.php
E tamén tedes o enlace na pestana de arriba que pon XOGOS



1/27/2015

Un proxecto para a Paz e a Educación

MALALA


Un neno, un mestre e un lapis poden cambiar o mundo!


1/26/2015

O coelliño de Brais.

O pai de Brais visitounos acompañado por un coelliño.Quixemos saber e coñecer sobre este animal e Jose,o pai de Brais, contestou ás nosas preguntas con moita paciencia. Estes son os debuxos que fixemos do coelliño de Brais.

1/23/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Hoxe rematamos a segunda ronda de experimentos. Estivemos estas seis semanas o grupo B formado por: Iria, Héctor, Brais, Lara Elibat, Nuria, Mónica, Noa, Gael, Jara, Lucas, Lara e Hugo.

Experimento 6 : que alimentos se disolven na auga ?




1/17/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Este venres fixemos outro experimento co grupo B.
Experimento 5: que líquidos non se mesturan?




1/16/2015

FESTA DO XOGUETE

O mércores, 14 de xaneiro, fixemos a festa do xoguete. Primeiro falamos sobre a conveniencia de facer un cartel, que é un cartel e para que serve.Buscamos carteis pola escola e observamos varios formatos e o seu contido. Elaboramos catro en equipos cooperativos. A festa foi un éxito.Despois pensamos estas ideas sobre o que sentimos cando compartimos : SENTIMOS AMOR. SENTIMOS A PAZ. SENTIMOS CARIÑOS. SENTÍMONOS BEN. SENTIMOS AMIZADE. A continuación as fotos recollendo o proceso.

1/09/2015

Obradoiro: ciencia e experimentos

Fixemos outro experimento co grupo B.
Experimento 4: que cores precisamos para facer a cor laranxa?