1/30/2015

Paz

Este curso puxemos en práctica no colexio unha dinámica moi interesante: mesturamos ao alumnado das distintas aulas. Así 6º e 3 anos estivemos na nosa clase. Trátabase de colaborar nunha actividade conxunta de todo o cole para celebrar o Día da Paz. Buscamos nos xornais noticias positivas e noticias negativas que pegamos en cartóns de leite. Despois cada parella fixo un retrato do seu compañeir@. Quedáronnos moi graciosos !!! 
Logo na aula de música debuxamos o símbolo da paz no chan coas noticias positivas e fixemos un muro coas noticias negativas. Os maiores leron mensaxes ..... e ao final da sesión os peques derrubaron o muro.
Gustounos moito a tod@s esta experiencia. !!!



Ningún comentario: